HUGO, de Martin Scorsese

O CINEMA COMO PALIMPSESTPO Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe... Ler máis

A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND

“CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE” Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra... Ler máis

RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE

“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a... Ler máis

DECLARACIÓN DE GUERRA, de Valérie Donzelli

O escritor venezolano Carlos Yusti escribe sobre a definición de “o cursi” o seguinte: “Poderíase denominar que o cursi é unha esaxeración estoxadiza polo artificio, é unha inclinación en superlativo polo mal gusto. Posúe unha lóxica entre o solemne e o caricaturesco. O ridículo non é o paraíso, senón a súa morriña con ‘soponcio’ e ‘telele’... Ler máis

RETRINCOS DUN FESTIVAL QUE REMATA

Logo de once días de máxima actividade o IFFR agasállanos unha xornada de asueto na que decidín tomar a mañá libre. Onte superaba as 40 películas, unha barreira que hai uns días parecía inalcanzable, pero que co tirón final chegou un día antes de que as pantallas se apagasen. Na oficina do festival miro pola xanela a neve que onte caía con forza e que hoxe nos dá un... Ler máis

AS NOVAS DAMAS DO CINEMA INDIE DOMAN OS TIGRES DE RÓTERDAM

Entrega de premios da 41 edición do Festival Internacional de Cinema de Róterdam. Logo de nove días nos que vivín para comentar películas, hoxe vou facer algo distinto. Oito da tarde, Arcadis Zaal do centro de operacións De Doelen. Máxima expectación ante a inminente entrega do tres Tigres deste 2012 que empezou con mal pé para os certames de cinema (onte coñecía que... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 9: OVOS, PEDRAS… E CINTAS DE AUDIO

11.644 cafés despois, 4.350 rolos de baño gastados e cunha repercusión de case 5.000 mensaxes en Twitter, o Festival Internacional de Cinema de Róterdam vaise extinguindo. Mañá saberemos quen son os gañadores dos Tiger Awards deste 2012. Logo de ver todas as películas desta sección eu xa teño as miñas favoritas, aínda que me faltan por comentar as últimas dúas. Egg... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 8: SE A VIDA NON CHE SORRÍ… BÉRRALLE FUCK YOU!

Febreiro agasallou aos holandeses o inverno que levaban esperando desde antes do Nadal. O frío da rúa parece traspasar as paredes do centro de operacións do IFFR ante a marcha dunha boa parte dos invitados. Un punto morto, como unha zona de tránsito aeroportuaria medio baleira, que espera a chegada de novos visitantes para a clausura. Ás nove e media da mañá eramos catro... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 7: UNHA XORNADA DE CINEMA CON TRES MULLERES

Viva o cinema chileno! Se hai dous ou tres días crin descubrir en De jueves a domingo unha xoia na filmografía máis contemporánea deste país transandino, hoxe topei cun diamante en bruto. O debutante Jairo Boisier Olave espide de artificios a que é a súa primeira película e ao mesmo tempo declaración de intencións cara a un cinema austero, minimalista e desprovisto de... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 6: CHAMANDO AS COUSAS POLO SEU NOME

Imaxinemos un mundo fantástico no que as persoas se comportan como verdadeiros seres humanos, non faltos de picaresca, pero limpos de prexuízos. Iso é Le Havre, a última xenialidade do finlandés Aki Kaurismäki. O realizador decántase polo retro para achegarse a un problema contemporáneo e retratar a esta santa comunidade que se preocupa polo próximo. Faino utilizando pequenos... Ler máis