EQUIPA (31)

Os cineclubes son uns axentes perennes da cinefilia que teñen o valor de seguir reivindicando a dimensión colectiva e participativa do cinema. Nós somos os seus espectadores, e algúns mesmo estivemos detrás da súa programación nalgunha tempada, polo que é tempo adicarlles este novo número d’A Cuarta Parede. Queríamos saber como lles van as cousas nestes tempos de... Ler máis

EQUIPA (30)

Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que... Ler máis

EQUIPA (29)

Como temos feito noutras ocasións, gústanos toma o pulso ao sector da creación cinematográfica, para comprobar en que estado se atopa, mediante debates con profesionais do cinema. Neste caso, decidimos centrarnos na distribución de filmes independentes, que semella está a mudar coa aparición de salas que programan á marxe dos multiplex. Falamos dunha distribución de filmes... Ler máis

EQUIPA (28)

Ante unha cita tan importante como a do 20-D, na que nos xogamos o futuro político dos próximos catro anos, dende A Cuarta Parede preguntámonos como o goberno que saia elixido das urnas poderá influír no sector cinematográfico, coas súas políticas públicas. O cinema, por non falar da cultura en xeral, é un tema que adoita estar ausente nos debates televisivos, que rara... Ler máis

EQUIPA (27)

Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar... Ler máis

EQUIPA (26)

O traballo da crítica consiste en elaborar un discurso sobre o mundo a través do cinema, mais hai moitos xeitos de facelo: hai quen escribe, quen investiga, quen dá aulas, quen filma e quen programa, actividades todas elas que se desenvolven dende unha perspectiva crítica e cunha vontade ás veces moi similar. Moitas destas tarefas mesmo poden coincidir nunha mesma persoa, polo... Ler máis

EQUIPA (25)

Cando acudimos ás salas ultimamente para ver esas aventuras fantásticas, en galaxias lonxanas ou mundos imposibles, que nos transportan a ese emocionante momento da infancia, o descubrir a maxia do cinema por vez primeira; asistimos por momentos a outras memorias: o videoxogo primixenio, no que saltamos de plataforma en plataforma para rescatar princesas en pantallas que puñan... Ler máis

EQUIPA (24)

En menos de dous meses cumprimos catro anos de andaina. Neste tempo, publicamos máis de 450 textos sobre filmes de todo tipo e épocas, anque sempre atentos á actualidade. As películas do lustro 2010-2014 son así as que máis espazo veñen ocupando nos nosos artigos. Por iso, agora que o ano en curso chega á súa fin, decidimos que desta volta tiñamos a oportunidade de facer... Ler máis

EQUIPA (23)

O cinema, ademais dunha arte do tempo, é tamén unha arte do espazo, na medida en que as imaxes en movemento son capaces de producir espacialidade, isto é, o conxunto de relacións sociais, económicas e culturais que se crean arredor dun lugar para convertelo nalgo máis que unha simple entidade xeográfica. A nosa fascinación por este tema xa nos levou hai dous anos a publicar... Ler máis

EQUIPA (22)

Moi habitualmente, as revistas de cinema esquecemos os produtores, para falar só dos cineastas. Mais sen eles, non hai filmes. Sabemos que están a pasar unha tempada difícil. As axudas públicas minguan, semella máis difícil obtelas, e van normalmente ligadas a unha xustificación de gastos moi estrita; algo especialmente duro cando están destinadas a persoas físicas, coma... Ler máis