BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES

Emily-Browning-in-22Golden-Exits22-1140x641

A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse... Ler máis

BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA

kaurismaki1

Ao longo de dúas crónicas, daremos conta dalgunhas das liñas advertidas nesta Berlinale 2017. A nosa visita de apenas cinco días non nos permitiu acceder a moitas películas que nos tería gustado ver, mais si identificamos na nosa breve estancia unha clara coherencia temática e de estilo no festival, alén da calidade das cintas. É ademais o certame da capital alemá un... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

32-ppd1

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o... Ler máis

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS

Ambiente de festival na rúa Nova compostelana. Foto: Cineuropa

Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia... Ler máis

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2016: CRÓNICA EXPRESS DUNHA VISITA BREVE

Smrt u Sarajevu (Hotel Europa, Danis Tanović, 2016)

No panorama de festivais de cinema a nivel estatal, o Festival Internacional de Cine de Xixón tivo, e ten, o seu lugar reservado. Aínda que desaparecido das rúas pola inexistente cantidade de carteis/posters/folletos que anunciaban tal evento, a cidade semellaba respirar cinema cando un se achegaba a algunha das sedes onde tiñan lugar as proxeccións. Un servidor, escapando... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

32-clausura-seff16-1

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

olivier-assayas

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas... Ler máis

FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN

Como me da la gana (Ignacio Agüero, 2016)

Se ben é certo que o Festival de Cine Internacional de Ourense levaba vinte edicións detrás, esta vixésimo primeira edición foi tamén a primeira dunha nova lexislatura. Coma un político electo, agardo que me perdoe o insulto, Fran Gayo chegou aos mandos do festival cunha intención clara: reinventar o OUFF, pór o de dentro cara fóra e viceversa. Por iso, esta edición estivo... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA

32-doc-lisboa-4

Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival,... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES

32-doc-lisboa-3

Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016),... Ler máis