SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL

Danses macabres, squelettes et autres fantaisies (Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer) “É raro que nun museo haxa cousas pensadas para o ollo e non para ser didácticas”, afirma o pensador Jean-Louis Schefer nunha secuencia de Danses macabres, squelettes et autres fantaisies, mentres pousa a súa cultivada mirada nun cadro exposto ao público. A frase podería sintetizar... Ler máis

SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS

The Souvenir (Joanna Hogg) A retrospectiva dedicada polo Festival de Sevilla á británica Joanna Hogg deu o seu pistoletazo de saída coa estrea en España da súa cuarta longametraxe, o mesmo que este ano lle está a brindar unha repercusión internacional superior á obtida ata agora coa súa obra previa. Tal decisión de programación, comezar polo fin, resultaba lóxica por... Ler máis

INTERSECCIÓN 2019: J. P. SNIADECKI, INTERIORIZANDO O REAL. O FILME DESDE A EMPATÍA

J.P. Sniadecki, é un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese a partir dunha documentación que posúe a riqueza e a ambigüidade... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN

Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR

I. Regresar un ano máis ao Festival de San Sebastián, aínda que sexa por uns días e por tanto coa visión parcial do mesmo que impregnará estas liñas, supón para o que as asina reencontrarse con certa idea iniciática do cinema. Por moito que a bagaxe asúmase moito maior, e a programación sexa máis heteroxénea que a comezos da década, moi reforzada polo sopro de aire... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2019: RADAR, REVOLUCIÓN, RESISTENCIA!

“Sí, señor, sí, señor, somos la revolución, tu enemigo es el patrón, somos la revolución…” Alguén recorda esta letra de Ska-P? Nela entoaban alto e claro: resistencia, resistencia, de-so-be-dien-cia. Ao pouco de publicarse El vals del obrero en 1996, eu xa era un fan incondicional dos de Vallecas. A meus pais rebentáballe os oídos e dicían que non inventaran... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2019: LAURA HUERTAS MILLÁN: MULLER, NATIVA, OUTRO

No capítulo III do seu coñecido ensaio Woman, Native, Other: Writing Postcoloniality and Feminism (1989), Trinh T. Minh-ha trataba de reflexionar, a través do estudo da súa tradición oral -familiar, individual e cultural-, sobre como a antropoloxía é a base sobre a que a ideoloxía masculina occidental crea discursos hexemónicos. Para combatela, cuestionando as súas representacións... Ler máis

“A FORMA DE TRABALLAR SEGUE ISO QUE DIN STRAUB E HUILLET: FACER A REVOLUCIÓN É VOLVER PÓR NO PRESENTE COUSAS MOI ANTIGAS PERO ESQUECIDAS”

Eloy Enciso presenta a súa terceira longametraxe nuns días a competición en Locarno. Longa noite (2019) supón unha depuración formal da indagación que xa existía en Arraianos (2012), con elementos como a palabra utilizada como materia prima, atendendo á musicalidade do verbo con actores non profesionais, ou o uso de referencias literarias para os diálogos, que neste caso... Ler máis

DOCUMENTAMADRID 2019: CON UÑAS E DENTES

Antes de encarar a décimo sexta entrega de DocumentaMadrid, terceira baixo a dirección de Andrea Guzmán e David Varela, cabía intuír nela o signo inequívoco da consolidación. Reto importante, dado o satisfactorio xiro que o certame madrileño, consolidado na oferta cultural da capital, experimentou dous anos atrás cara a unha diversidade ben asumida, recuperando así o... Ler máis

PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’

Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista... Ler máis