POR QUE PROGRAMAR ‘BUMMING IN BEIJING’: UNHA INTRODUCIÓN AO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS
A historia de como chega a programarse Bumming in Beijing: The Last Dreamers é a dun descubrimento involuntario que provén do ciclo sobre a representación da cidade no cinema, que o Cineclube de Compostela está a pasar agora mesmo. Cando nos chegou o convite para programar unha sesión, pensamos que o lóxico era dialogar coas liñas xa existentes e responder cun conxunto de... Ler máis
RETAGARDA SOBREVILA: EPISTELMOLOXÍA, IRONÍA E CINEMA ESPAÑOL NOS ANOS 20
Podes ver El sexto sentido íntegro en Europa Film Treasures Nemesio Manuel Sobrevila (1889-1969) abandona a arquitectura e comeza a facer cine no 1927. Conta con algún financiamento propio e ten moi claras as ideas sobre como renovar o esclerótico cinema español da época. Coñecedor das vangardas europeas tralos seus estudos en París, non se conforma co mero traslado de... Ler máis
DE GRANDS ÉVÉNEMENTS ET DES GENS ORDINARIES (1979), de Raúl Ruiz
TÓDOLOS BARRIOS, TÓDOLOS FILMES, TÓDOLOS TEMAS “Veremos que o documental, como un espello, está conectado con todos os documentais, trata de todos os temas”, afírmase nun determinado momento da película, evocando inmediatamente ao Aleph ou a outras figuras literarias. Tiven a oportunidade de ver De grands événements et de gens ordinaires (1979) nun ciclo programado... Ler máis
BOTAS, TUPÉS E ROCK’N'ROLL DOS ‘KOLJÓS’: KAURISMÄKI E OS LENINGRAD COWBOYS
Di o tópico que nos traballos menores do corpus de moitos autores pódese atopar o xerme de moitas das súas obras posteriores. Aki Kaurismäki acumula xa 18 longametraxes dentro da súa vasta filmografía, ás que se poden engadir unha longa para televisión, unha serie de curtametraxes, e varios videoclips. E aínda que curtas como Todos los perros van al Cielo ou La Fundición... Ler máis
RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon
ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas... Ler máis
CANCIÓN DO SUR, O FILME PANTASMA DA DISNEY
Un 12 de novembro de hai 55 anos, a cidade de Atlanta preparábase para acoller a estrea de Canción do Sur (Song of the South, 1946), película Walt Disney que chegaba tras uns anos, os da II Guerra Mundial, nos que a factoría estivera de capa caída e só realizara filmes propagandísticos. Mais lonxe de celebrar a efeméride, na compañía trabállase non para promocionar este... Ler máis
GUY DEBORD, CONTRA O CINEMA ESPECTÁCULO
Guy Debord realiza entre 1952 e 1978 tres curtametraxes e tres longametraxes. Tódolos títulos son concebidos en 35 mm, branco e negro, sonoro. Na súa filmografía pódense distinguir catro fases: unha primeira de chegada ao cinema; a segunda, de autoreflexión cinematográfica e constitutiva da Internacional Situacionista; a terceira, marcada polo afán de filmar a teoría situacionista;... Ler máis
FRANCESCO ROSI, POETA DA VALENTÍA CÍVICA
APUNTAMENTOS SOBRE ‘LE MANI SULLA CITTÁ’, PEDRA ANGULAR DO CINEMA DE COMPROMISO ITALIANO · “A verdade non é sempre revolucionaria” A frase, como se dun epitafio se tratase, pecha Cadaveri eccellenti (1976), un dos filmes máis esixintes do napolitano Francesco Rosi, que utiliza neste caso o xénero policiaco para denunciar os maquiavélicos mecanismos do... Ler máis
ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA
O CINEMA DE MAYA DEREN
Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións... Ler máis
JORIS IVENS: DA PLUMA Ó FUSIL (1927-1933)
Henri Langlois distinguiu a Joris Ivens en 1957 como “o máis grande dos montadores e o máis grande documentalista vivo” (1). Dúas décadas máis tarde Ephraim Katz foi máis aló e sinalouno como “o documentalista máis importante da súa época” (2). A pesar destes eloxios, o propio Ivens definíase simplemente como “un cineasta activista seguindo o movemento revolucionario... Ler máis
