O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes... Ler máis

O MAPA E O TERRITORIO

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Alberte Pagán impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. O meu primeiro encontro co cinema experimental aconteceu, de casualidade, na London Filmmakers’ Co-op a principios dos anos 90. E digo de casualidade porque acudín alí da man da literatura: mirando... Ler máis

DESENVOLVER A VISIÓN: A MIRADA PICTÓRICA NO CINEMA DE PETER GREENAWAY

1. No filme que lle adicou Peter Greenaway no 1983, o compositor John Cage dicía «(…) a miña opinión actual sobre a música: é inútil, agás que permita desenvolver a audición. Moitos músicos non entenden os sons únicos. Só escoitan os lazos entre dous ou máis sons. Para eles, a música non ten nada que ver coa audición, e non concerne máis que á observación... Ler máis

FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS

Antes de comezar a clase maxistral que impartiría uns minutos despois, Bruce Elder cruza o corredor de Numax a unha velocidade inusitada. Francisco Algarín, responsable do ciclo itinerante que levou ao director a varias cidades do Estado, xa o avisara: Elder é un cineastas dunha enerxía inesgotable ao que lle costou seguir durante os días de rodaxe que pasaron xuntos en Andalucía.... Ler máis

DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA

Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material... Ler máis

AR, LUME, TERRA E AUGA. O CINEMA DE ANA VAZ

El rayo que había destruido el árbol, había liberado a Foción de la adoración de su eternidad circular. José Lezama Lima, Paradiso (1) Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués. Cicelado ao longo de oito curtas e mediametraxes, o cinema de Ana Vaz alía a innovación formal —a invención dunha linguaxe singular, esculpida á marxe do canon e en diálogo constante... Ler máis

REIVINDICANDO A ANTONIO MAENZA, O CINEASTA, NON O MALDITO

Intentaremos non repetir todo o xa dito sobre Maenza ao longo deste texto, é dicir, intentar fuxir de todos os clixés xa consabidos e preexistentes que existen sobre a figura do cineasta turolense. Aínda que por desgraza descoñecido para a maioría do público, tanto xeralista como máis especializado, sen lugar a dúbidas o adxectivo que acompaña o nome de Antonio Maenza é... Ler máis

MISS LEDYIA, de José Gil

O pasado 4 de marzo, o Teatro Principal de Pontevedra acolleu o 100 aniversario de Miss Ledyia, primeira película de ficción galega, rodada no 1916 por José Gil. Un século atrás, tamén na cidade de Pontevedra, a equipa da película inauguraba unha nova senda da cultura galega na que os éxitos e a fama internacional chegaría cos anos posteriores. O presidente da Academia... Ler máis

CARLO PADIAL (2/2): “SE HAI UNHA PELI NA QUE POIDA SAÍR MIGUEL NOGUERA, PARA MIN É PERFECTO”

Continuamos a entrevista ao ía seguinte con Miguel Noguera. Recén chegado ao Festival, presenta xunto a Padial Taller Capuchoc dentro dunha sección do Festival de Cine Europeo de Sevilla adicada ao cine de contra-comedia máis arriscado. Noguera, máis coñecido polos seus libros, Hervir un oso ou Ultraviolencia, afronta nesta película unha das súas poucas incursións no... Ler máis

CARLO PADIAL (1/2): “FIXEN TALLER CAPUCHOC CO QUE TIÑA PORQUE NON PENSO PERMITIR QUE ME DETEÑAN”

Na pasada edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla, Carlo Padial presentou unha das seis diferentes montaxes de Taller Capuchoc (2014), a súa última película. A súa película foi a xoia dunha sección centrada nun cine diferente e rompedor centrado na contra-comedia. Temática, posta en escena, texto… todo xoga un papel moi importante no cine de Carlo Padial onde,... Ler máis