A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND

E-Ostlund-1

“CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE” Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra... Ler máis

RETRINCOS DUN FESTIVAL QUE REMATA

JAMES FRANCO

Logo de once días de máxima actividade o IFFR agasállanos unha xornada de asueto na que decidín tomar a mañá libre. Onte superaba as 40 películas, unha barreira que hai uns días parecía inalcanzable, pero que co tirón final chegou un día antes de que as pantallas se apagasen. Na oficina do festival miro pola xanela a neve que onte caía con forza e que hoxe nos dá un... Ler máis

AS NOVAS DAMAS DO CINEMA INDIE DOMAN OS TIGRES DE RÓTERDAM

imaxe grupo premiados róterdam

Entrega de premios da 41 edición do Festival Internacional de Cinema de Róterdam. Logo de nove días nos que vivín para comentar películas, hoxe vou facer algo distinto. Oito da tarde, Arcadis Zaal do centro de operacións De Doelen. Máxima expectación ante a inminente entrega do tres Tigres deste 2012 que empezou con mal pé para os certames de cinema (onte coñecía que... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 9: OVOS, PEDRAS… E CINTAS DE AUDIO

voice of my father portada

11.644 cafés despois, 4.350 rolos de baño gastados e cunha repercusión de case 5.000 mensaxes en Twitter, o Festival Internacional de Cinema de Róterdam vaise extinguindo. Mañá saberemos quen son os gañadores dos Tiger Awards deste 2012. Logo de ver todas as películas desta sección eu xa teño as miñas favoritas, aínda que me faltan por comentar as últimas dúas. Egg... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 8: SE A VIDA NON CHE SORRÍ… BÉRRALLE FUCK YOU!

blacks-game-portada

Febreiro agasallou aos holandeses o inverno que levaban esperando desde antes do Nadal. O frío da rúa parece traspasar as paredes do centro de operacións do IFFR ante a marcha dunha boa parte dos invitados. Un punto morto, como unha zona de tránsito aeroportuaria medio baleira, que espera a chegada de novos visitantes para a clausura. Ás nove e media da mañá eramos catro... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 7: UNHA XORNADA DE CINEMA CON TRES MULLERES

la jubilada portada

Viva o cinema chileno! Se hai dous ou tres días crin descubrir en De jueves a domingo unha xoia na filmografía máis contemporánea deste país transandino, hoxe topei cun diamante en bruto. O debutante Jairo Boisier Olave espide de artificios a que é a súa primeira película e ao mesmo tempo declaración de intencións cara a un cinema austero, minimalista e desprovisto de... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 6: CHAMANDO AS COUSAS POLO SEU NOME

rat fever portada

Imaxinemos un mundo fantástico no que as persoas se comportan como verdadeiros seres humanos, non faltos de picaresca, pero limpos de prexuízos. Iso é Le Havre, a última xenialidade do finlandés Aki Kaurismäki. O realizador decántase polo retro para achegarse a un problema contemporáneo e retratar a esta santa comunidade que se preocupa polo próximo. Faino utilizando pequenos... Ler máis

DÍA 5: DE RÓTERDAM A BURMA… SEN MOVERSE DA BUTACA

return to burma portada

Resacón en Róterdam. Hoxe descubrín que os anos non pasan en balde e que o corpo xa non está para facer moitos excesos. Malia todo, e e logo de saltar o meu ritual almorzando un broodje frikandel, cheguei a tempo á primeira sesión do día. Unha grande sorte, porque viaxei alén do mundo de balde e sen ter que moverme da butaca. Birmania (República da Unión de Mianmar) é... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 4: TODOS TEMOS UNHA HISTORIA QUE CONTAR

Ro-Romance-Joe-2

Un neno de once anos acompaña ao seu pai a recadar o diñeiro das súas máquinas comecartos en Barcelona. Entre bares, dentro dunha desas míticas Renault Express, o pai coméntalle ao fillo o seguinte: “Se me tivese que mudar a un país moi afastado, virías comigo?”. Así sucede que a familia remata vivindo no outro lado do charco, onde o noso protagonista se enfronta a... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

De jueves a domingo - Dominga Sotomayor

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que... Ler máis