ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO
Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos... Ler máis
A CIDADE NAS SERIES
Hule a cidade Costa Non hai salvación fóra das cidades Félix de Azúa Investigar a cidade é unha forma de examinar os enigmas do mundo e a nosa existencia Ian Chambers Inicio: cine e cidade Escribía Stephan Barber: “O cine comezou cunha dispersión de espectros xesticulantes, de corpos humanos transitando as rúas da cidade enmarcados por perfís de pontes, hoteis e almacéns,... Ler máis
A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL
A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente... Ler máis
KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS
Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos... Ler máis
A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND
«CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE» Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez:... Ler máis
RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE
“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a... Ler máis
TOP 10 2011
A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El... Ler máis
CORPO E ALMA: O CANON (EN CONSTRUCIÓN) DE DAVID CRONENBERG
Hai case unha década que calquera comentario sobre o cinema de David Cronenberg bate sempre na mesma cuestión: eran mellores os seus filmes ‘sucios’ sobre a ‘Nova Carne’ ou, pola contra, os seus filmes ‘limpos’ sobre personalidades escindidas van alén dos primeiros? Ao tratarse dun artista en activo, o seu canon aínda está en construción: a cinefilia que... Ler máis
PEDRO ALMODÓVAR: MESTIZAXE E DECONSTRUCIÓN
Acumulación e depuración. Eclecticismo e heterodoxia. Disolución de discursos e sistemas de representación hexemónicos. Traballo sobre o espazo e as formas. Camp, kitsch, pop, punk,… A historia non ten aforradas verbas para Pedro Almodóvar (Calzada de Calatrava, Ciudad Real, 1949). A súa intensa actividade (fotonovelas, dúo musical con McNamara, teatro en Los Goliardos,... Ler máis
EROS E THANATOS
Un repaso a algunhas películas contemporáneas con motivo da estrea de Restless Así tu muerte despierta en mí el deseo de la muerte como tu vida despertaba en mí el deseo de vida Luis Cernuda1 “Eros e Thanatos- este é un arquetipo ancestral2” dicía Cesare Pavesse ao final do seu diario. E é que a morte apareceu na cultura occidental moitas veces como a meta da paixón... Ler máis
