RETRATOS DE JOY DIVISION

Fotograma de Joy Division, Grant Gee (2007)

1979, Londres. O aínda xoven Anton Corbijn, apaixoado da música dende neno, trasládase á capital inglesa na busca da banda Joy Division. Alí comeza a traballar como fotógrafo para a revista NME. Unha vez entra en contacto co grupo post-punk, o holandés dará comezo a un corpus artístico que abarcará fotografía, videos musicais e cinema. Influenciado polo expresionismo... Ler máis

DIANTE E DETRÁS DO ESCENARIO

Stop Making Sense (Jonathan Demme, 1984)

Cómpre facer unha breve distinción antes de entrar máis polo miúdo a falar de documental musical. Se ben o xénero é ben amplo como para aglutinar filmes como Searching for Sugar Man (Malik Bendjelloul, 2012) ou The Last Waltz (Martin Scorsese, 1978) é preciso facer unha separación, especialmente entre aqueles que teñen por centro un evento/concerto, que son dos que falaremos... Ler máis

CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR

Presentación do filme 'Entreparadas' (Toño Chouza, 2013) no Cineclube Padre Feijoo de Ourense

Unha das conclusións que se poden tirar lendo os artigos do monográfico deste mes n’A Cuarta Parede é que a pesar de ter obxectivos comúns, cada cineclube é un pouco do seu pai e súa nai. Aínda que unha visión panorámica deste sector aporta unha idea xeral do conxunto, apetecíame contribuír a esta antoloxía con varias notas específicas dun caso de estudio concreto.... Ler máis

INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA

31 Cinema Palleiriso

Unha sala de cinema, mediana. Cadeiras de veludo, pequenas, estreitas. Cores pasteis. O chan é de madeira, e renxe. Os espectadores escoitan a unha persoa falando fronte a eles. A pantalla está en branco, logo dunha proxección. A xente é nova. Leva cabelos longos. Hai moitas barbas na sala, moitos cigarros acesos e moito fume. É un cineclube. A imaxe mental que temos dun cineclube.... Ler máis

RAMIRO LEDO: DO CINECLUBE DE COMPOSTELA A NUMAX

ramiro-ledo-copyright-tamaradelafuente-600x260

Foto: Tamara de la Fuente Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981). Foi cofundador e director até 2007 do Cineclube de Compostela, hoxe é socio traballador fundador de NUMAX, S. Coop. Galega, onde é responsable da coordinación xeral e do cinema NUMAX. Atendendo á petición de A Cuarta Parede, Ramiro accedeu a falarnos da súa transición dunha organización independiente situada fóra... Ler máis

CINECLUBE DE COMPOSTELA: POLÍTICA DA RESISTENCIA

Cineclubecompostela1

Esta organización, activa desde o 2001, non é tan só unha sala de cine cunha programación semanal, senón que atopamos que a súa actividade esténdese alén da súa sede no Pichel compostelán. Por iso, transformamos a Política dos Autores dos Cahiers na Política da Resistencia, onde non é a individualización do creador o que conta senón a defensa do colectivo, para definir... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS

Exposición de cartaces (Cineclube de Compostela)

Cineclube Lumière Terceira e última parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (II): PROGRAMACIÓN E PÚBLICO

Cineclube Guimarães (GACCVF)

Segunda parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (I): FUNCIÓN E ORGANIZACIÓN

Cineclube Carballiño

Cando o público espertou, os cineclubes seguían alí, alleos á dinámica de eventos, fornecendo aos espectadores dunha programación regular, porque o pracer de ver un bo filme ben acompañado non ten porqué depender do calendario. Os cineclubes son o pasado e o presente da cinefilia. Son un lugar onde atopar aos amigos nunha tarde calquera, nun lugar calquera. E son un feixe... Ler máis

CHARLES BURNETT: “NON TE PODES DESFACER DO RACISMO TAN FÁCIL, É PARTE DA SOCIEDADE”

CharlesBurnett1©tamaradelafuente

Foto: Tamara de la Fuente Charlamos con Charles Burnett (1944, Vicksburg), homenaxeado na XII edición do Festival Play-Doc. A conversa, que transcorre entre unha ruidosa cafetería de Tui e a tranquilidad do recibidor do hotel, alóngase durante máis dunha hora de gravación. A súa vida en Los Angeles, os seus filmes ou a súa opinión sobre o estado actual da sociedade estadounidense... Ler máis