ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

Ensayo Final para Utopía

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos,... Ler máis

HORS SATAN (2011) de Bruno Dumont

Hors Satan de Bruno Dumont

ROSTRO, PAISAXE E MILAGRE Rostro Hors Satan ten unha vinculación evidente con Ordet (1960) de Carl Theodor Dreyer, Teorema (1968) de Pier Paolo Pasolini ou Nostalghia (1983) de Andréi Tarkovski. Case nada. Obras de milagres, profetas e fe. No último filme de Dumont atopamos esas tres cousas. Centrado nun enigmático personaxe, que o cineasta galo retrata coma se fose un novo... Ler máis

MARTHA MARCY MAY MARLENE, de Sean Durkin

martha-marcy-may-marlene john hawkes

Alén dos estereotipos Sundance é un festival sospeitoso. O seu palmarés, inaugurado con Blood Simple (Joel Coen, 1984), distingue ultimamente títulos que camuflan a súa mediocridade a través dun interese por espazos e comunidades pouco representadas, como ocorre en Winter’s Bone (Debra Granik, 2010), Precious (Lee Daniels, 2009), Frozen River (Courtney Hunt, 2008) ou Quinceañera... Ler máis

PLAY, de Ruben Östlund

PLAY

A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de... Ler máis

HUGO, de Martin Scorsese

HUGO

O CINEMA COMO PALIMPSESTPO Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe... Ler máis

DECLARACIÓN DE GUERRA, de Valérie Donzelli

Declaracion_de_guerra

O escritor venezolano Carlos Yusti escribe sobre a definición de “o cursi” o seguinte: “Poderíase denominar que o cursi é unha esaxeración estoxadiza polo artificio, é unha inclinación en superlativo polo mal gusto. Posúe unha lóxica entre o solemne e o caricaturesco. O ridículo non é o paraíso, senón a súa morriña con ‘soponcio’ e ‘telele’... Ler máis

SHAME, de Steve McQueen

shame_1

A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos... Ler máis

THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf

FRENCH SUNDANCE

'French Kissers', de Riad Sattouf

Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda,... Ler máis

PINA, de Wim Wenders

SPECTACLE: VOLLMOND CHORÉGRAPHE: PINA BAUSCH LIEU: WUPPERTAL - 2006

IMAXES NOVAS As imaxes de Pina, último traballo do cineasta Wim Wenders estreado o pasado ano 2011, teñen algo de novas. Malia que o filme concibiuse inicialmente coma un documental sobre Pina Bausch, bailarina e coreógrafa, figura indiscutible da danza contemporánea e directora do Tanztheater Wuppertal, logo da súa morte repentina unha vez comezado o proxecto, e grazas en... Ler máis

MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz

Misterios-de-Lisboa

MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen... Ler máis