아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

33-the-handmaiden-1

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema... Ler máis

CAROL, de Todd Haynes

carol1

Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da... Ler máis

ELLE, de Paul Verhoeven

elle-cannes

Elle (Paul Verhoeven, 2016) A imaxe coa que o autor neerlandés Paul Verhoeven abre a súa última película (ata o momento), Elle, resulta bastante significativa en canto ao que este nos quere contar e como desexa facelo. Tralo fundido a negro dos títulos de crédito vemos, sen solución de continuidade, os momentos finais dunha violación e, posteriormente, trala fuxida do agresor,... Ler máis

COMOARA, de Corneliu Porumboiu

comoara2

Ao invocar á Nova Ola Rumana, un dos movementos máis puxantes e identificables dos últimos anos dentro do cinema global, téndese a pensar nuns rasgos formais e temáticos case inamobibles. En efecto, a revisión histórica e o atasco social que produciu no país a herencia comunista atravesan as filmografías xa non só dos Cristi Puiu, Cristian Mungiu o Radu Muntean, senon... Ler máis

ESQUECE MONELOS, de Ángeles Huerta

monelos-portada

Mañá á noite estréase na Coruña Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) no Teatro Rosalía. Se trazásemos unha liña recta dende a parte posterior do edificio en dirección á lonxa do actual porto industrial, antes de que se construíran todos eses centros comerciais e auditorios que locen tan ben, poderiamos ter visto, máis ou menos a esa altura, a desembocadura do río... Ler máis

MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera

maria-enfurrun%cc%83ada

A crise e as súas consecuencias parecen ter forzado un cambio de paradigma nos protagonistas de moitas películas españolas, especialmente naquelas de xoves directores. Se nos anos 90 e parte dos 2000 imperou o retrato dunha xuventude desnortada durante os vinte anos, na presente década obras de pelaxe e propósitos tan radicalmente distintos entre si coma Las altas presiones... Ler máis

GIMME DANGER, de Jim Jarmusch

gimmedanger

John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo... Ler máis

CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

24 Cavalo Dinheiro 1

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que... Ler máis

OS DÍAS AFOGADOS, de César Souto e Luis Avilés

os-dias-afogados

8-2-1992 no caer da noite a desaparición traza un cuxo que anda escapado do ceo da terra auga na testa unha pota chea de louza amplifica o dioivo cando a imaxe deturpa a realidade o poema non admite engano nin reliquias toda a resistencia non permitirá que volvas auga a través por moita luz que deixaras prendida De Dores Tembrás, en Auga a través (Apiario, 2016) Dende a data... Ler máis

CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen

Café-Society-woody-allen-cannes-kstew-kristen-stewart-soko

O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme,... Ler máis