O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS

Narcisistas, malcriados, egocéntricos, indiferentes e impacientes. Infantís, ninis, apolíticos, mimados. Frívolos. Insolidarios. Preguizosos. Inmaturos, materialistas e cómodos. Non comprometidos. Apáticos e irrespectuosos. Individualistas. Nados nun mundo dixital saturado de imaxes e sons. Parece que non queda nada novo por contar e por iso nadamos na mestura de referentes,... Ler máis

LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE

As veces atopámonos en momentos existencialistas ao longo das nosas vidas, momentos onde cuestionamos o sentido e o funcionamento de todo, do ser humano, da existencia e da vida. Últimamente esas cuestións están a resoar forte na miña cabeza. Cando unha persoa consegue satisfacer as súas necesidades básicas, dentro do suposto estado de benestar no que vivimos, o que agora... Ler máis

AS VOCES MARKER

Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a... Ler máis

A NATUREZA EN LOVELESS

Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia. É unha crítica á... Ler máis

PROCESOS #28: XISELA FRANCO

Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado... Ler máis

PROCESOS #27: ANDRÉS GOTEIRA

Se hai un proxecto que está en boca de todos desde hai meses, ese é Dhogs. O filme, ópera prima de Andrés Goteira (Meira, 1983), é unha aposta radical que irrompe con violencia no cinema galego con algo rematadamente orixinal. Cadrando co día das Letras Galegas, Dhogs chega ás salas de cinema despois dun percorrido por festivais no que colleitou louvanzas e galardóns a... Ler máis

A FASCINACIÓN DO COTIÁ

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No ano 1975 a realizadora belga Chantal Akerman logrou o impensable: que o invisible resultase esencial. Jeanne Dielman marcou un antes e un despois na historia do cinema, ofrecendo unha representación absolutamente revolucionaria... Ler máis

A COR VERMELLA EN LÅT DEN RÄTTE KOMMA IN

En todo o filme o que aparece dentro do cadro está pensado, é intencionado e ten un motivo. Desde a iluminación dunha escena, o ton do filme e as súas personaxes. Con isto, no filme sueco Låt den rätte komma in (2008) o realizador Tomas Alfredson empregou a cor vermella como elemento narrativo relacionándoo coa personaxe de Eli e invadindo así a cor do decorado ou o vestiario... Ler máis

TWIN PEAKS: LYNCH FRONTE A LYNCH

Vaia por diante a advertencia de que este videoensaio contén spoilers e secuencias da terceira tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ). Este traballo nace case de casualidade, repensando as imaxes e as secuencias dunha serie que quedou marcada no maxín daqueles que a vivimos cunha intensidade antes non vista. Lynch fronte a Lynch. Porque desde o inicio... Ler máis

ACORDAR

acordar verbo transitivo 4. Ter na memoria. verbo intransitivo 6. Deixar de estar durmido. (Dicionario da Real Academia Galega) Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as... Ler máis