EQUIPA (35)

A crítica sempre lle está dando ao cabazo: vemos algo, pensamos algo, queremos dicir algo. Temos as palabras e, dun tempo a esta parte, temos tamén toda caste de trebellos dixitais: temos computadoras, programas de edición, ideas na cabeza. Podemos escribir, filmar, editar, relacionar. O obxectivo é expresarse, construír un discurso, desenvolver unha argumentación, en palabras... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA

Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival,... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS

Cineclube Lumière Terceira e última parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo... Ler máis

PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo,... Ler máis