ABERTA A INSCRICIÓN AO SEMINARIO DE CRÍTICA EXPERIMENTAL

O cinema experimental é a expresión máis libre da sétima arte, por iso, á hora de elaborar textos críticos sobre este cinema ás veces enfrontamos o bloqueo a páxina en branco. Cómpre liberar a nosa mirada de ideas preconcebidas e entregarnos a uns filmes que provocan, suscitan ou formulan ideas e imaxes imposibles de concebir se non é desde a liberdade de formato máis absoluta.

O seminario ‘A Crítica Experimental’ contará con tres sesións impartidas a cargo de profesionais da crítica de cinema e, ademais, complementarase coas masterclass e outras actividades organizadas pola Mostra de Cinema Periférico (S8).

Finalmente, os alumnos que o desexen terán a posibilidade de publicar os seus textos, escritos e audiovisuais, en A Cuarta Parede, para o que contarán co apoio técnico da equipa da revista.

Docentes

Alberte Pagán, cineasta e escritor, as súas obras foron exhibidas en festivais por todo o mundo, no 2016 foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia. Na súa páxina web albertepagan.eu realiza traballos de investigación e crítica cinematográfica que compatibiliza coa súa actividade fílmica.

Francisco Algarín Navarro, crítico de cinema é un dos responsables de Revista Lumière, publicación web e en papel que adoita prestar moita atención ao cinema máis periférico. Entre os traballos máis recentes de Fernando destaca a edición do libro ‘Jeanette Muñoz. El paisaje como un mar’.

Mónica Delgado, crítica de cinema e directora de Desistfilm, unha das webs máis importantes sobre cinema independente na actualidade. Mónica colabora, ademais, con Fandor, onde publica os seus videoensaios que xiran arredor de autores clásicos como George Cukor ou novos cineastas coma Juan Daniel Molero.

Prazos e matrícula

O número de alumnos estará limitado a 25, tendo prioridade aqueles que realicen antes o pagamento da matrícula na conta de A Cuarta Parede.

O prezo para participar no seminario será de 30€ para aqueles alumnos que queiran asistir a todas as sesión. Estes recibirán un kit de benvida do (S8) así como unha acreditación para a asistencia a todas as proxeccións. Para os alumnos que só estén interesados en asistir á xornada do 26 de maio, a tarifa será de 18€.

Para realizar a matrícula, os alumnos deberán escribir un correo electrónico a info@acuartaparede.com, sinalando no asunto do correo “Seminario S8” e incluíndo no correo o nome completo e o DNI. O prazo de matrícula estará aberto ata o 23 de maio as 00:00h do 26 de maio.

Quiasma 2

Calendario

26 de Maio

1ª sesión teórica. 10:30 – 12:00h (Sala de Prensa Afundación)

Impartida por Alberte Pagán

A historia do cinema non é algo estático, senón que é unha construcción cultural. Desde a academia ignórase ao cinema experimental, polo que, nun principio, foron as e os cineastas experimentais os que tiveron que xestionar as súas propias críticas e as súas propias historias. Se nun principio, nas primeiras décadas do invento, era posible unha historia inclusiva do cinema, hoxe en día, cun territorio en continua expansión, constatamos a imposibilidade dunha (única) historia.

2ª sesión teórica. 12:30 – 14:00h (Sala de Prensa Afundación)

Impartida por Francisco Algarín

Algúns filmes parecen procesar a súa propia historia, o seu punto de partida fractual. Ao mesmo tempo, ao ver esas mesmas películas, temos a impresión de que é na mesa e montaxe onde todo se anima, como se a promesa do filme que está por nacera da converxencia das liñas de forza de certos elementos. Diríase que algúns cineastas desta sesión, como Michael Snow, James Benning, Laura Mulvey e Peter Wollen, Bruce Elder ou Joyce Wieland, descubriron nos seus filmes entre eses dous momentos xemelgos: ao observar a concordancia dos elementos dispares e os encontros entre as bobinas. Nos dous casos, trátase dunha especie de semellanza magnética. Chega con sentir, en cada rotación, en que consiste a orientación de cada elemento.

16:30h – 17:30h (Fundación Luís Seoane)

Visita guiada ás instalacións de María Ruído, Ernie Gehr e a exposición ‘Cinema de papel’.

18:00h – 20:00h (CGAI)

Proxección do filme de María Ruido ‘L’oeil impératif’

31 de Maio

12:30h – 14:00h (CGAI)

Conferencia ilustrada de Fried Vom Gröller

1 de Xuño

10:00h – 11:30h (CGAI)

Conferencia ilustrada de Ernie Gehr

2 de Xuño

Sesión práctica. 10:00 – 11:30 (Sala de Prensa Afundación)

Impartida por Mónica Delgado

Como realizar textos críticos sobre cinema experimental? Nesta sesión, veremos diferentes exemplos de textos críticos, escritos e audiovisuais, sobre crítica experimental. Ademais, os alumnos terán a ocasión de comezar a elaboración dos seus textos que, posteriormente, serán publicados en A Cuarta Parede.

12:00 – 13:00 (Sala de Prensa Afundación)

Masterclass de María Ruído

16:30 – 18:00 (Sala S8 Palexco)

Conferencia ilustrada de Nicky Hamlyn sobre a obra de Kurt Krent

Comments are closed.