Carla B. Miraz

Artigos de Carla B. Miraz:

    Intersección 2022: Super 8, formato doméstico

    Nun dos focos organizados durante a última edición do festival Intersección, o fotógrafo Daniel Blaufuks presentou dous traballos en Super 8, formato doméstico por excelencia dos anos 70 e 80. Family Films (2022) semella o material en bruto dunha película amateur que rexistra tempo de lecer ou unha viaxe. A meta: a praia, unha praia atlántica. O son do proxector evócame... Ler máis

    Intersección 2022: Experimentación audiovisual

    En toda experimentación hai indicios dun desexo de coñecemento e dun impulso á acción, da materialización dun pensamento ou dunha observación. Se falamos de experimentación audiovisual, a entrega dese material en imaxes e sons a un público xera un efecto de círculo que se pecha, relegando á audiencia a potestade de vivencia e xuízo, os cales pasan a estar en paridade... Ler máis

    Antoni Muntadas en Intersección: obras e procedementos

    A fin de semana do 30 e 31 de outubro Antoni Muntadas viaxou á Coruña para presentar en Intersección un grupo de pezas de vídeo e impartir unha masterclass. Este feito, que un artista pioneiro no país en vídeo independente participe (en persoa) nun festival incipiente galego de arte contemporánea, dános a oportunidade de falar do que podemos sacar do traballo dese artista... Ler máis

    O rural galego en tres xestos. A sección ‘Escolas: Xatería’ do festival Intersección

    Xatería xorde da colaboración entre o festival Intersección e a galería de arte lucense Solaina, nunha chamada a voces de estudantes con traballos en relación co rural dende distintos ángulos. Se o leitmotiv do festival foi “a cidade” e, por conseguinte, a análise e a posta en dúbida do vínculo que partillamos coa mesma, Escolas: Xatería propón unha dicotomía rural-cidade... Ler máis

    Tatiana Macedo: “Gústanme as imaxes nas que non sinta o cadrado ou rectángulo, que me proxecten para fóra da imaxe”

    Dúas capturas de A Intérprete, unha das pezas de ‘Foreign Grey’ 16h en Lisboa, 17h en Granada. Martes 3 de novembro. Entrevisto a Tatiana Macedo (Lisboa, 1981) por videochamada con motivo do foco que se lle acaba de adicar na Coruña, no marco do Festival Intersección. Comezo a entrevista cunha pregunta que a autora lisboeta encontra vasta, pero á que intenta dar... Ler máis

    Intersección 2020: Hipocampo e radicalidade

    4 apuntamentos que atravesan Lume e Inside the Microtubule, dúas pezas da sección Galicia do Festival Intersección 2020. Captura de ‘Inside the Microtubule’, recollida no Instagram de Judith Adataberna Imaxe mental e imaxe física No enfrontamento a calquera imaxe xérase unha imaxe interior. É dicir, ante unha imaxe exterior ao noso corpo humano -unha imaxe física-... Ler máis