Clara Coira Suárez

Artigos de Clara Coira Suárez:

    CONTINENTAL, de Xavier Villaverde

    Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas... Ler máis

    MID90S, de Jonah Hill

    Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a... Ler máis

    GIMCHEOUL, de Jorge Suárez-Quiñones Rivas

    Aquí e alí. Todo está ocorrendo á vez para Gimcheoul. Gimcheoul é o título da terceira longametraxe do director Jorge Suárez-Quiñones Rivas (León, 1992). A obra audiovisual deste novo cineasta ten pasado por festivais internacionais de cinema como Filmadrid, Rotterdam, Alcine ou Curtocircuíto. A estrea mundial de Gimcheoul tivo lugar o pasado novembro na VII edición... Ler máis

    ASCENSORES

    Ascensor: Substantivo masculino. Aparello que serve para transportar persoas, en sentido vertical, dunhas plantas a outras dunha construción. No cinema e na vida, en realidade, no só os empregamos para evitar subir polas escaleiras.  Moitos ascensores pasaron a historia do cine por acoller no seu interior escenas clave de películas: o primeiro encontro de Joseph Gordon-Lewitt... Ler máis

    ANDREA JAURRIETA: “TÓDOLOS MEUS FILMES TRATAN SOBRE A FUXIDA”

    Andrea Jaurrieta (Iruñea, 1986) vén de estrear a súa primeira longametraxe, Ana de día. Este filme, protagonizado por Ingrid García-Jonsson, conta a historia dunha moza que un día descobre que ten unha dobre idéntica a ela que está a vivir a súa vida, ocupando o seu lugar. En troques de facer algo respecto diso, o personaxe aproveita para fuxir e espremer a súa liberdade.... Ler máis

    FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERIN 2018

    O III Vía XIV Festival Internacional de Curtametraxes de Verín reuniu durante 9 días máis de 60 curtas na súa sección oficial, repartidas en catro grupos: Horizontes, Outra Mirada, a Raia e Nova. Conviviron así a ficción e o documental, a imaxe real e a animación, formas innovadoras de facer cinema e ata algún videoclip nunha selección sen prexuízos cara calquera xénero... Ler máis