Hugo Amoedo

Artigos de Hugo Amoedo:

    ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”

    (Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle... Ler máis

    ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”

    Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller... Ler máis

    DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA

    Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material... Ler máis

    DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO

    Ici et alleurs (Jean-Luc Godard, 1976) “Hoxe semella máis sinxelo imaxinar o final do mundo que ofrecer unha alternativa á orde dominante. Non temos un contraplano”. Arredor desta reflexión dispárase o ensaio Figures of Dissent: Cinema of Politics / Politics of Cinema de Stoffel Debuysere, que vén de ser publicado nun elegante formato de tapas brancas que se vai manchando... Ler máis

    COURTISANE 2016: EPISODIOS NACIONAIS TRAUMÁTICOS

    ¿Son de novo os Vikingos? O presente partiuse para Bélxica, este tranquilo país, o martes 22 de marzo de 2016, cando as ambulancias e os coches da policía ruxían pola cidade, e os medios occidentais xirábanse cara Bruselas, esta vez non por consecuencia dun vergoñento acordo con Turquía, senon debido a unha cadea de atentados de carácter político-relixioso-criminal dirixidos... Ler máis

    COURTISANE 2015: VIAXE POR PAÍSES PEQUENOS (SON MÁS DOADOS DE VISITAR)

    Bélxica é un país pequeno. Trátase dun país estraño, un estado tapón, dividido en dous, e mesmo en tres partes. Hai quen di que mesmo en catro. Bélxica foi unha estratexia xeopolítica creada co fin de parar os pés a Francia, separala dos Países Baixos e tamén de Alemaña. Ou viceversa. O resultado foi a creación dun Estado con catro comunidades lingüísticas: unha... Ler máis