Jorge Corral

Artigos de Jorge Corral:

    HOLY MOTORS, de Leos Carax

    A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse... Ler máis

    DE GRANDS ÉVÉNEMENTS ET DES GENS ORDINARIES (1979), de Raúl Ruiz

    TÓDOLOS BARRIOS, TÓDOLOS FILMES, TÓDOLOS TEMAS “Veremos que o documental, como un espello, está conectado con todos os documentais, trata de todos os temas”, afírmase nun determinado momento da película, evocando inmediatamente ao Aleph ou a outras figuras literarias. Tiven a oportunidade de ver De grands événements et de gens ordinaires (1979) nun ciclo programado... Ler máis

    PINA, de Wim Wenders

    IMAXES NOVAS As imaxes de Pina, último traballo do cineasta Wim Wenders estreado o pasado ano 2011, teñen algo de novas. Malia que o filme concibiuse inicialmente coma un documental sobre Pina Bausch, bailarina e coreógrafa, figura indiscutible da danza contemporánea e directora do Tanztheater Wuppertal, logo da súa morte repentina unha vez comezado o proxecto, e grazas en... Ler máis

    O CINEMA NO PEIRAO DE MADRID

    O SÉTIMO ARTE NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL   A escola, dende sempre, sente horror ao baleiro e ao negativo. É verdade que forma parte da súa vocación ensinar a construír, antes de falar do que actúa ao contracorrente desta construción e que moitas veces é da orde das pulsións de creación (1) . A cuestión da presenza do cinema na escola e a súa transmisión ten... Ler máis

    OS DESVELOS DA OLLADA

    Na miña primeira visita ao festival de cinema documental Punto de Vista que se celebrou en Pamplona por sétimo ano consecutivo, quíxenme informar primeiro de cales eran as súas sedes, e demais detalles prácticos coma ese, para facerme unha composición do lugar. “Unha sede”, contestoume o meu amigo Joan, xa que é un punto, un punto de vista. Eu creo que as bromas non son... Ler máis