DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (2/2)

Vén de aquí.

__________

¿Tódolos mercados funcionan para tódolos filmes?

DIEGO RODRÍGUEZ (MÁRGENES) –  Para o escaneo latinoamericano, nós temos unha serie de colaboradores que exercen de antenas repartidas por tódolos espazos onde Márgenes ten sede oficial do seu certame anual, Montevideo, Bogotá, Bos Aires, México DC e Santiago de Chile.

Para os filmes españois acudimos aos festivais nacionais máis importantes.

Outra fonte da que nos nutrimos ten que ver cos filmes que recibimos anualmente nas convocatorias do Festival anual, presentan unha radiografía moi completa do cine que buscamos.

A negociación é sempre mio distinta en cada caso. Cada filme, productor, ou director son un mundo, pero algo que temos claro e está presente na negociación é tratar cada cinta como algo único. Solo distribuimos moi poucas películas, pero dende o comezo ata o final, segíndoas, apoiándoas e acompañando ao director en cada movemento. Doutra banda empregamos a plataforma Márgenes.org para contextualizar os filmes con tempo de antelación para situar ao gran público antes da estrea. Son películas moi fráxiles e o único xeito de que todo teña o mínimo sentido é estar absolutamente enriba.

Con respecto ás salas donde distribuimos están más preto de salas heroicas e necesarias como Numax, ZumZeig, Tabakalera, CineCiutat ou Zoco, pero tamén vamos a outro tipo de salas das históricas de autor como Golem ou Renoir. Dende logo a centros comerciais non. Interésalle o que lle interesa ao igual que ás televisións. Con este consumo masivo neste país e con estas políticas educativas está complicado para un cine como o que defendemos, artístico e con valores. Moito ten que cambiar esta sociedade. E así nos vai en España, con un 35% de abandono escolar e á cola de todo o que se poida estar á cola.

E non estou acordo con que agora estén polarizados os públicos. Está polarizada a sociedade en todo caso, grandes centros uniformes de comunicación ou de industrias cultural e resistencia nas beiras. Cada vez hai mais revistas como A Cuarta Parede ou distribuidoras como Numax ou Cine Binario que fan máis plural este país. Estamos cubrindo ese espazo que non existía. Non é que se polarice, é que antes certos contidos eran simbólicos e cada vez a rede é máis grande e máis sólida.

DIANA SANTAMARÍA (CAPRICCI) – Nós funcionamos moito co sistema de Francia. Capricci é tamén sales agent, así que tentamos estar presentes tanto en mercados (Cannes, Busan, Ventana Sur) como nos festivas máis destacados (Cannes, Berlin, Locarno, Rotterdam, Toronto, Rdv Unifrance). Para nacional, confiamos moto na liña do Festival de Sevilla ou o Festival de autor de Barcelona, que apoiaron desde siempre os nosos filmes. A presenta en San Sebastián tamén é clave e una cita obligatoria para os intercambios coa industria española.

Como xa explicaron José Luis ou Alberto, cando una película nos revoluciona, necesitámola para o noso catálogo, establecemos un primeiro contacto cos sales agent e tentamos negociar un precio adecuado para Francia, España e Bélxica. Algúns xa nos coñecen, temos una relación máis ou menos estreita e adáptanse un pouco ás cosas posibilidades, pero por desgraza, nalgúns casos, o mínimo garantizado sí que nos supón un problema, sobre todo en España. Hai filmes de autor sobretodo, que comezan a uns prezos imposibles e, ao final, van pasando os meses, e ninguén a estrea. E ao final perde o se momento… É moi decepcionante. Pero cada película é un mundo e estamos aprendendo con cada estrea como funcionar. Como di Diego, intentamos cuidar caos directores e acompañalos na súa xira en España. Cada película é un tesouro. Por exemplo, con Tip Top tentamos facer una estrea más estándar, convencional, un theatrical con promo e demáis porque o filme tiña un casting coñecido. Nembargantes, para Guerman, enfocámolo como unha mini estrea en Madrid (Artistic Metrópol) e Barcelona (Zumzeig). Ao final, a película fíxose forte co boca orella, chegando posteriormente a otras salas como Numax, Unión de Cineastas, os Golem de verán e arrasou no circuito non-theatrical. A película aínda está circulando.

Traballamos con salas afíns como Zumzeig ou Numax pero amén os Renoir en Madrid ou a Red Cine Arte, que esperemos que apoie os nosos filmes. O circuito non-theatrical, como xa mencionei, fai brillar de novo as películas e o seu apoio fundamental: o CGAI, a Filmoteca de Santander, La Catalana, Niemeyer, Unión de Cineastas, a nova Tabakalera e os cineclubes. A lista é extensa e o seu traballo é moi importante, xa que non podemos estrear en tódalas comunidades nin moito menos. Non facemos doblaxe.

No que se refere ao público, para min segue sendo unha cuestión incerta é complicada…

Tip Top (2013) película distribuida por Capricci

Tip Top (2013) película distribuida por Capricci

RAMIRO LEDO (NUMAX) – Suscribo o que acaba de comentar Alberto, especialmente donde apunta a relación directa entre a distribución e a exhibición, pois ambas áreas dependen unha da outra. Namentras en tódolos países europeos existe una lexislación desenvolta de apoio á exhibición Arthouse o Art et Essai, que se concreta con apoios económicos directos á programación de filmes independentes de especial valor cultural, no estado español o apartado de exhibición da lei do cine poderiamos decir que está sin redactar.

Por facernos unha idea, a lexislación francesa incluso recoñece a maiores tres tipos de filmes con apoio especial: Recherche et Découverte para os títulos de vangarda, Patrimoine et Répertoire para os títulos de reposición e de referencia na historia do cine e Jeune Public para as películas especialmente dirixidas ao público xoven; todas elas catalogadas por un comité de expertos independente. No Reino Unido, por exemplo, vincúlase o apoio á dixitalización das salas a un cupo de programación de filmes de especial interés artístico, que non deixa de ser outra liña de apoio interesante. En Portugal, o ICA apoya a programación das salas independientes con 25.000€ anuais.

En España, o cinema Numax é un dos fundadores da rede Cinearte, que tenta poder constituirse en interlocutor coa Administración para articular por primera vez en España una rede estatal que defina e apoie a exhibición de filmes “culturais”, por así decilo, nas salas de exhibición. Aínda que para poder desenvolver este modelo, é imprescindible una implicación dos poderes públicos e un traballo conxunto na redacción do apartado de exhibición da lei do cine, algo no que ata o momento non se demostrou ninguna vontade firme por parte do ICAA.

Coa articulación ducha rede de salas que garantice as proxeccións en versión original de filmes más difíciles de exhibir (copio e pego da clasificación Art et Essai do CNC francés: aquellas que “a pesar da súa calidade indudable non obtiveron a audiencia merecida”, as que “poseen un carácter de investigación e innovación no dominio cinematográfico”, as que “reflexan a vida de países cuxa producción cinematográfica é escasamente difundida en Francia” e incluso as “obras de corta duración cuxo obxectivo é renovar o arte cinematográfico”), estariase apoiando indirectamente tamén o traballo das distribuidoras independintes que actualmente non consiguen estrenar as seas películas en tómalas salas donde se deberan proxectar. E sobre todo, a xente tería acceso aos filmes que cada ano se estrean con normalidade nos países que nos rodean e que en España engulle algún buraco negro.

A este respecto, entendo o especial interés que indica Diana cuando se refire ao circuito non-theatrical, posto que ante a falta de salas o único xeito de poder ofrecer e ao mesmo tempo acceder a este tipo de cinema ao que antes me refería son os circuítos públicos de exhibición. Moito máis para as distribuidoras pequenas como as que estamos falando agora. Pero gustaríame que tiveramos presente que estamos nun momento no que están a aparecer algunhas salas cun modelo de exhibición baseado en tomar a inciativa á hora de programar (e que non se limita a escoller os filmes en función dos resultados de taquilla de vernres, sábado e domingo, como é norma xeral) e que coñecen ben cada filme que exhiben. É unha responsabilidade compartida por exhibidores e distribuidores contribuir a desenvolver un novo modelo de exhibición normalizado nun país que ten unha lexislación cinematográfica que arrastra os mesmos 40 anos de atraso que o resto de institucións, seguramente, con respecto aos seus veciños.

Ventana Sur, Mercado de Cine Latinoamericano en Buenos Aires

Ventana Sur, Mercado de Cine Latinoamericano en Bos Aires

Xa para rematar, falemos da relación cos exhibidores. ¿Que estratexias conxuntas se poden levar a cabo? E tratemos tamén as posibles accións para facer que o panorama da distribución cambie, dende o apoio das institucións. Sen elas, ¿hai outras alternativas para crear una rede de apoios?

RL – Quería apuntar amén, con respecto á pregunta anterior, que o maior mercado televisivo en todo o mundo, como apuntaba recientemente Loïc Mangaron, de Wide Management, nos encontros da industria do último SEFF, continúa sendo a televisión pública. Se os responsables, neste caso de RTVE e as televisión autonómicas, fixesen o se traballo de xeito planificado e a partir dun modelo de defensa da pluralidade artística e de aquel cine que aborda propostas temática e formalmente menos convenciones estariamos falando doutro escenario.

Non soamente permitiría que as pequenas distribuidoras puidésemos asumir os mínimos garantizados (ou polo menos acercarnos algo para poder empezar a negociar) que solicitan os axentes de ventas, senón que o acceso público ao cine contemporáneo empezaría a materializarse e a distribución e exhibición de cine de autor en España podría comenzar a ter algún sentido, pois insisto, son actividades que van da man.

Mentras tanto, moito me temo que a pervivencia destas propostas dependerá de vontades ailladas, cun panorama atomizado e sen liñas programáticas conxuntas, o que acaba xerando, entre outras cousas, que o mesmo día se estrenen varios filmes pequenos de distribuidoras pequenas e que acaban competindo entre sí) ou que depois de estrear en España algún traballo especialmente arriscado non poida seguir intentándoo.

DR – Con respecto ao panorama da distribución do cine español de calidade, que por lóxica tería que ser o máis protexido pola administración española, xunto co europeo e latinoamericano, o esceario é lamentable, parece que todo se fai para socavar anda máis as propostas máis interesantes do ano do noso cine, do noso patrimonio cultural (en consoancia con todo o que ten que ver coa producción de cine, como acabamos de ver recentemente coa nova lei de cine).

Os filmes españois que veñen de competir en festivas como Locarno, como O Futebol de Sergio Oksman e Carlos Muguiro, ou na Berlinale, como El complejo del Dinero de Juan Rodriguez, por citar só dous exemplos de filmes que estamos a distribuir, están nunha situación de desamparo total por parte das distintas administracións con respecto ao que axuda á distribución ten que ver.

Son a representación máxima do cine español de calidade que tería que estar protexido e salvagardado, que nos representa en Festivais Clase A mundiais, pero as condicións de acceso a una serie de axudas están realizadas para que sempre un determinado tipo de filmes en detrimento destes filmes, que son os que tiñan que ter a máxima protección e é todo o contrario, abandono en todas as súas fases.

Para que sirven estas axudas se non están pendentes do cine de vangarda, artístico e cultural español en sentido estricto? Outra vez más facendo este país as cousas ao contrario que no noso entorno.

Doutra banda dende a rede Cinearte que ten como principal obxetivo a  distribución de cine de calidade, de cine europeo, do cine independente e de cinematografías emerxentes ou pouco representadas e promover a programación en Versión Orixinal Subtitulada habería que ter especial coidado e valoración, xeraron una asociación composta por iniciativas independentes que aposta por un modelo de exhibición alternativo e entre cuxas propostas se atopan o recoñecemento legal da figura dos Cine de Arte (Cines Arthouse) homologaba á que existe na maior parte de Europa.

A administración urxe en considerar una reducción do IVA para tódolos cines e un tratamento fiscal bonificado para estes Cines de Arte.

E sen olvidarnos dunha política de apoio aos colectivos cidadáns, asociacións veciñais ou profesionais que se propoñen o rescate de cines e a súa reapertura baixo o modelo de cines Arthouse, como son o gran exemplo dos Cines Zoco Majadahonda encabezados por Javier Asenjo ou os Cines Ciutat encabezados por Pedro Barbadillo.

Comments are closed.