Número 37

CGAI

Lugares de referencia para todos os cinéfilos, as filmotecas e os arquivos fílmicos convertéronse en espazos de resistencia onde xorden os diálogos máis interesantes. Sexan filmes clásicos, películas restauradas ou as apostas máis arriscadas dos directores emerxentes, nestes lugares celébrase a excepcionalidade dun cinema que, supostamente, non ten cabida nas salas máis comerciais: aquí celébrase o acto do cinema (o coloquio, a exhibición no seu formato orixinal…), non a industria detrás do mesmo. Por se o risco de programar un cinema exclusivo non fose pouco, as políticas neoliberais dos últimos anos castigaron duramente a estes espazos. No pasado 2016, o cinema galego mobilizábase para protestar polo despedimento dun dos proxeccionistas do Centro Galego de Artes da Imaxe. A presión, porén, pouco importou aos políticos, que non só firmaron esta acción senon que continuaron a súa folla de ruta cara o desmantelamento destas institucións tan necesarias.

Por iso, desde A Cuarta Parede, queremos poñer en valor a importancia destes traballos, non só de restauración e conservación, senón tamén de exhibición. Para isto, abrimos unha nova panorámica que contará con diferentes textos sobre este tema. En primeiro lugar, Jesús Silva e Brais Romero entrevistan a Jose María Armada, ‘Chema’, traballador do CGAI que nos achega coa súa testemuña a necesidade de manter en bo estado esta institución galega. Por outra parte, o director e investigador Stephen Broomer relata a súa experiencia na restauración dos filmes de Bruce Elder, dos que xa falamos na revista hai uns meses. Jose María Cumbraos, da Sección de Fondos Audiovisuais do Arquivo da Deputación de Pontevedra, presentaranos as funcións e actividades desde alí realizadas. Finalmente, recuperaremos a entrevista realizada ao ex-director da Filmoteca Española Chema Prado, realizada no 2016 no Festival Curtocircuito.

A chegada do fin de ano fai tamén que botemos a vista atrás e repasemos o que deu de si o 2017. É momento de facer o noso xa clásico repaso a “O Mellor do 2017” valéndonos da opinión e votación dos nosos colaboradores. Este ano, e grazas aos nosos amigos de NUMAX, sortearemos ademais un exemplar da marabillosa edición DVD de Mimosas (Oliver Laxe, 2017) na que están traballando na distribuidora compostelana. Podes participar ata o día 16 clicando aquí.

Sen máis, prendemos os motores do proxector e despedimonos do 2017 cun fundido…

Dirección, edición e xestión da web

Brais Romero Suárez

Deseño da cabeceira

Federico Scudeler

Consello de redacción

Alba Cambeiro

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Colaboran neste número

Marta Álvarez González

Hugo Amoedo

Sergio de Benito

Stephen Broomer

Óscar Iglesias Álvarez

Jorge M. de la Calle

Jose María Cumbraos

Pedro Mandías Couto

Laura Montero Plata

Víctor Navarro Remesal

Víctor Paz Morandeira

Laura Ramos Cuba

Raquel Rato

Daniel Ribas

Brais Romero Suárez

Simone Saibene

Ángel Suanzes

Jesús Silva Vilas

Cibrán Tenreiro

Iván Villarmea Álvarez

Contacto

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

COLUMBUS, de :kogonada, por Jesús Silva

ESTIU 1993, de Carla Simón, por Brais Romero Suárez

LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler, por Cibrán Tenreiro

COLOSSAL, de Nacho Vigalondo, por Brais Romero Suárez

GET OUT, de Jordan Peele, Víctor Navarro Remesal

ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo, por Pedro Mandías Couto

120 BATTEMENTS PAR MINUTE, de Robin Campillo, por Jorge M. de la Calle

DETROIT, de Kathryn Bigelow, por Simone Saibene

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho, por Iván Villarmea Álvarez

CALL ME BY YOUR NAME, de Luca Guadagnino, por Óscar Iglesias Álvarez

THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos, por Laura Montero Plata

WESTERN, de Valeska Grisebach, por Víctor Paz Morandeira

TOIVON TUOLLA PUOLEN, de Aki Kaurismäki, por Daniel Ribas

THE FLORIDA PROJECT, de Sean Baker, por Jesús Silva

LADY BIRD, de Greta Gerwig, por Óscar Iglesias Álvarez

THELMA, de Joachim Trier, por Marta Álvarez González

LA VIDA LLIURE, de Marc Recha, por Laura Ramos Cuba

LE LION EST MORT CE SOIR, de Nobuhiro Suwa, por Brais Romero Suárez

Panorámica:

PROCESOS #25 – CGAI, por Brais Romero e Jesús Silva

O ARQUIVO AUDIOVISUAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, por José María Cumbraos Álvarez

VOLTA AO TEMPO: A RESTAURACIÓN DE THE BOOK OF ALL THE DEAD, por Stephen Broomer

CHEMA PRADO: “O ÉXITO DA FILMOTECA FOI O RESULTADO DO TRABALLO DUN EQUIPO AO QUE EU TIVEN A SORTE DE PERTENCER“, por Brais Romero Suárez

O MELLOR DE 2017, por A Cuarta Parede

PROCESOS #26 – FILMOTECA ESPAÑOLA, por Sergio de Benito

Zoom in:

DE PERIFERIAS E LINGUAS, por Ángel Suanzes

PHILIPPE MANGEOT: “SIGO CONVENCIDO DE QUE AÍNDA É POSIBLE CREAR CONCIENCIA NO MUNDO”, por Jesús Silva

ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”, por Hugo Amoedo

ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”, por Hugo Amoedo

MARGARIDA GIL: “CANDO REALIZO UN FILME TEÑO UNHA FORTE NOCIÓN VISUAL, UNHA ESPECIE DE INTUICIÓN VISUAL”, por Raquel Rato

ÁNGELES HUERTA: “NO ÍNTIMO, NAS CAPAS QUE MÁIS DOEN, SOMOS TODOS IGUAIS”, por Laura Ramos e Jesús Silva

Contracampo:

MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA, por Laura Ramos Cuba

Circuíto:

MÁRGENES 2017: SECCIÓN OFICIAL, por Brais Romero Suárez

DOC LISBOA 2017: DESCOLONIZAR A NOSA OLLADA, por Iván Villarmea Álvarez

DOC LISBOA 2017: LUGARES DE FALA, por Iván Villarmea Álvarez

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (1), por Sergio de Benito

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (2), por Jesús Silva

MARÍA CAÑAS: “ESTOU COMPROMETIDA COA IDEA DE CULTURA COLECTIVA”, por Jesús Silva

F.J. OSSANG: ZONAS DE CHOQUE, por Víctor Paz Morandeira

LAS PALMAS 2018: ENTRE A MORAL E AS CRENZAS, por Jesús Silva

LAS PALMAS 2018: PLURALIDADE EN CURTO, por Jesús Silva

CANNES 2018 EP. 0: OS PRELIMINARES, por Víctor Paz Morandeira

CANNES 2018 EP. 1: INICIO CON ACENTO ESPAÑOL, por Víctor Paz Morandeira

CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA, por Víctor Paz Morandeira

Moviola:

A COR VERMELLA EN LÅT DEN RÄTTE KOMMA IN, por Nacho Ozores Mosquera

Comments are closed.