GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (II)

38 Going South 2

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018

Ojalá fuese solo cine

Foi o que afirmou unha das poñentes do obradoiro de crítica feminista que decorreu carón da 14 edición do Play-Doc. Como se o cinema, ou a cultura en xeral, puidese, en algún caso, independizarse da diferenza sexual. Tampouco no caso de Going South (2018), a última película de Dominic Gagnon (Canadá, 1974) e segunda parte dunha tetraloxía que explora os catro puntos cardinais de Internet. Gagnon descarga e articula diversos vídeos procedentes de YouTube para compoñer o que é un collage perturbador sobre unha sociedade diluída, líquida, en última instancia.

Neste sentido, Going South é unha efectiva película de terror. Non obstante, logo dunha primeira aproximación ao que é un auténtico retrato antropolóxico da época que atravesamos, a ambigüidade do criterio de selección e do tratamento diferencial dos diversos materiais –trans incluídxs– remata por cuestionar a intención do seu autor. Case ninguén se levantou da cadeira; pode ser porque as súas imaxes impresionan e incomodan, francamente: Going South da morbillo. Porén, nos grupos de amigas sempre hai unha afecionada a YouTube. Esta persoa, cando hai un computador, insiste en poñer un vídeo. E un vídeo leva a outro vídeo. YouTube dá para tres mil películas pero esta particular parece ter unha sinatura.

Precisamente, autor foi o concepto a través do que significar tal sinatura e afirmar a liberdade do director fronte ao seu contexto económico, social e político, inaugurando a Modernidade cinematográfica. Hoxe é incluso un valor capaz de substituír á propia película: un fetiche de quen se limita ás lecturas estéticas, un nome tras o que agochar as condicións que rodean á película. Dominic Gagnon performa polémica. Hai quen di que é un inconformista. Cando lle preguntaron no coloquio pos-visionado do Play-Doc por que facía as películas que fai respondeu que porque el era libre. Gagnon puido facer Going South porque pode disfrazar a súa mirada de autoridade e vender a súa autoría; no entanto as mulleres ficamos excluídas do estatuto de autoras pois, removendo no acervo ilustrado, ficaríamos excluídas do quefacer intelectual.

Going South é o acto masturbatorio dun home canadiense. Por certo: a quen lle importaría o cine se só fose cine?

Comments are closed.