MUSTANG, de Deniz Gamze Ergüven

O cine turco leva máis de unha década loitando por una maior cuota de mercado no ámbito nacional, asi como tamén por un maior recoñecemento internacional. Con Nuri Bilge Ceylan e Semih Kaplanoğlu este gañou un maior seguimento a través de circuitos de festivais, nembargantes; o recoñecemento no extranxeiro de directores máis xóvenes segue a ser unha difícil tarefa. O chamado New Turkish Cinema é una nova corrente que inclúe tanto produccións comerciais e independentes dende a drástica transformación sufrida polo país nos anos 90. Este filmes retornan aos temas da identidade e a memoria, mais moitos afirman que o máis chamativo desta nova tendencia é a ausencia da muller. Esta peculiaridade é froito dunha ambivalencia dos cineastas que subordinan as mulleres aos homes e lles negan protagonismo algún, ao mesmo tempo que tamén teñen una conciencia autocrítica da súa complicidade coa sociedade patriarcal. O desequilibro de xénero nunca fora tan intenso en termos de representacións e historias. Algúns incluso describen este período como “cine de homes”, xurdindo así una nova forma de representación feminina: a muller silenciosa e inaudible, a muller non coma suxeito, senon coma obxecto do desexo masculino.

Un cambio no xénero do director non ten porque mudar o xeito no que se representan os roles femininos nos filmes, nembargantes, é bastante visible a presenza de directoras turcas contemporáneas que realizan unha maior profundización en canto aos roles femininos. Directoras como Eylem Kaftan, Yeşim Ustaoğlu e mesmo Deniz Gamze Ergüven supoñen una inflexión no New Turkish Cinema, un xiro radical que conleva una redefinición do papel feminino coma o ente silente ata agora representado en filmes como Three Monkeys (2008) ou Climates (2006). En Mustang (2015), Deniz Gamze Ergüven trae de volta esa tendencia que uniu os movementos feministas e o séptimo arte nos anos 80 en Turquía, unha tendencia que supuxo unha maior representación da individualidade da identidade feminina. Mustang é un filme de mulleres. Trata a relación da muller co home, a muller coa familia, a muller coa sociedade, o amor e o matrimonio, a sexualidade, e tamén a muller como ser independente.

Cinco irmás orfas viven nunha pequena vila á beira do Mar Negro. As adolescentes proveñen dunha familia moi conservadora, que pouco a pouco irá transformando a súa casa nunha prisión e substituirá a formación escolar por intruccións de cómo ser unha boa esposa, o que fai que as irmás compartan un sentimento de ira e desexo de liberdade. A directora turca amósanos como cada unha das nenas vive e sinte o conflicto familiar, asi como tamén os diferentes xeitos de lidiar e afrontar tanto a vida como o destino que se lles impón.

decouvrez-la-bande-annonce-de-mustang-de-deniz-gamze-erguvenM219751

As nenas xogan á beira do mar cos seus amigos. A liña do horizonte preséntasenos como a experiencia da vida, o mar tendido frente ás nenas que lle incita ao desexo de recórrelo, de saborear cousas novas, de existir. O mar como símbolo das fluctuacións dos seus desexos e sentimentos. As cinco irmás atópanse na idade de explorar, explorar o sentimento de liberdade, de alegría e de gozo, e tamén a súa sexualidade. Mais nun país coma Turquía, no que o sexo é tema tabú, a exploración da sexualidade feminina é algo que está prohibido en moitos dos casos, ou polo menos mal visto, do mesmo xeito que a amizade entre homes e mulleres é un concepto que moitos non entenden, ou non aceptan. O simple feito de que as irmás xogaran na plaia cos seus amigos é visto como unha obsecinade pola xente do pobo, según as palabras textuais do seu tío “actuar como unha puta.” Nunha familia conservadora como a que Deniz Gamze Ergüven nos amosa, a muller ten un papel meramente servicial. O feito de que ésta perda a virxinidade antes do matrimonio tradúcese nunha deshonra para a familia. As nenas están á espera de ser casadas; e ninguén se quererá casar con elas se non son vírxenes. O ser feminino leva asociados os conceptos de pureza, castidade, decoro e pudor, a muller debe reunir unha serie de calidades para que alguén sinta desexo e antoxo de posesión sobre ela. É que o concepto do casamento xoga un papel moi importante na sociedade turca, o matrimonio é visto como algo necesario e obrigatorio. A avoa das nenas exhíbeas polo pobo con orgullo, preséntaas á diferentes familias, véndeas ao mellor postor.

A directora turca non fai máis que amosarnos unha zona rural do Mar Negro e a mentalidade das súas xentes, un lugar no que o aparentar e o que os demais pensen de ti é algo de gran importancia, unha sociedade na que a separación de sexos é extrema, na que a educación diferenciada e as relacións de xénero marcan o día a día. Porque mentres elas ven unha telenovela mentres comen, eles beben alcohol e disfrutan do partido de fútbol. O home ten aquí unha figura claramente autoritaria, un home que precisa amosar a súa autoridade a través da violencia, a súa virilidade pegando tiros ao ceo, a súa masculinidade mediante a violación. É o tío das nenas o que berra coa avoa sobre a educación das mesmas, porque é a muller a que se ten que ocupar da crianza das súas netas. Son as señoras as que se encargan da súa instrucción nas tarefas do fogar, porque só son elas as que se dedican a iso. As mulleres fan o posible porque o tío non vexa ás súas netas no partido de fútbol retransmitido por televisión, porque a culpa será delas por non educalar ben ás adolescentes. O rol feminino reducido ao ámbito do fogar, ao ámbito privado.

Ante esta crúa realidade, Deniz Gamze Ergüven preséntanos a cinco personaxes cun forte individualismo, no que cabe destacar a Lale, a pequena, o espíritu máis independente. Este filme non é máis que unha denundia social, estimulante e emotiva, un ensaio sobre o patriarcado e a opresión. O retrato dun país que se atopa a medio camiño entre oriente e occidente, no que moitos e moitas seguen a loitar contra a tradición. As cinco irmás son xóvenes, rebeldes, fermosas, fortes; e a directora non fai outra cousa que demostralo ao longo de todo o filme. As actuacións das nenas son fenomenais, e a relación que amosan entre elas é tenra e conmovedora, o que fai deste filme unha película vibrante e ao mesmo tempo turbadora.

Comments are closed.