Retrospectiva de Salvador Gijón, pioneiro ao tempo que descoñecido

Cuca y el pájaro Maletillas, de Salvador Gijón,

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui), como unha proposta de programación.

Con motivo do achado en Francia dunha curtametraxe titulada Cuca y el pájaro Maletillas, ábrese ante nós a filmografía dun descoñecido, ao tempo que pioneiro, realizador español de películas de animación: Salvador Gijón (1902–1981).

Iniciou a súa carreira como animador no noso país, nun momento no que pensar na creación audiovisual era unha práctica cando menos complexa. A súa filmografía por medio da animación «stop-motion» estímase nunhas 18 curtametraxes entre 1936 e 1970 (gran parte delas, actualmente desaparecidas).

A partir da década dos 40, Salvador Gijón traballa como documentalista, operador de cámara e animador de títulos de crédito.

Entre 1964 e 1973, retoma a súa carreira como director de películas de animación e realiza boa parte da súa filmografía, manténdose moi activo no campo do «stop-motion».

Salvador Gijón incorporaba ás súas obras un estilo moi persoal. A calidade artística e técnica era única para os seus tempos, así como a fluidez lograda na animación.

As súas obras incorporan tódolos aderezos propios de calquera película de xénero infantil, coidando ao máximo tódolos detalles.

A calidade de Salvador Gijón era a de ser un grande animador e director máis que guionista. As súas animacións eran moi superiores á calidade dos guións e historias.

A maior parte da filmografía de Salvador Gijón conta con personaxes fixos, como o detective Camelón e o seu axudante, o can Tobalito.

Filmografía (gran parte da cal no se conserva):

Sombras de Granada (1970)

Juego de naipes (1970)

Fiesta en Saturno (1969)

La luna de Tobalito (1968)

La pequeña tapia (1967)

Cuca y Pájaro maletillas (1967)

Tarde de sol (1966)

Villancicos (1965)

La venganza del brujo (1945)

La reina vencida (1945)

Rapto en palacio (1945)

Tiros y pistolas (1944)

No la hagas y no la temas (1943)

La chapita misteriosa (1942)

O noso proxecto co achado de Cuca y el pájaro Maletillas é poñer en valor tanto esta curtametraxe como a obra deste pioneiro da animación en España.

A obra atópase nun proceso de restauración dixital, despois de ter coñecemento de que tan só a Filmoteca Española posúe unha copia en moi malas condicións, o que dificulta a súa recuperación.

Cuca y el pájaro Maletillas, de Salvador Gijón

O soporte da copia recuperada de Cuca y el pájaro Maletillas atópase en boas condicións de conservación, pero cunha intensa viraxe de cor. O resultado é esperanzador despois das primeiras probas na súa recuperación dixital.

O noso proxecto final, de poder seguir co labor de restauración e recuperación da peza, sería poder divulgar e reivindicar o traballo dun descoñecido Salvador Gijón.

Comments are closed.