Número 1

A Cuarta Parede nace para falar da nosa paixón (o cinema de autor) na nosa lingua (o galego). As seis seccións que compoñen a revista, que sairá cunha periodicidade irregular cada 6-7 semanas, definen as nosas liñas de acción. Mentres que PANTALLAS se encarga de promover o debate sobre o último cinema que se move nos círculos cinéfilos máis aló das salas comerciais, unha sección como ZOOM IN entrega artigos en profundidade de temas concretos e máis traballados, que en vindeiros números estarán abertos a investigacións académicas de todo tipo non estritamente ligadas á actualidade. Inauguramos a nosa andaina centrándonos no cinema dos irmáns Coen e no seu último filme, o western True Grit, que contrasta co deconstrutor exercicio do xénero por parte de Kelly Reichardt en Meek’s Cutoff. Dúas olladas distintas, contrapostas; unha ben coñecida, outra inédita en España. Ambas esenciais para entender o cinema norteamericano dos últimos anos.

PANORÁMICA tamén se mete en profundidade nun tema, pero trata un só dende diferentes perspectivas. A Cuarta Parede quere dar o seu apoio a un cinema luso que se caracteriza por unha interesante experimentación formal e narrativa. É ese de Miguel Gomes, Joao Pedro Rodrigues ou Sandro Aguilar. A idiosincrasia dos críticos que asinan os artigos desta sección reflicte o respecto polas linguas desta publicación. Os orixinais foron escritos en portugués, asturianu e mesmo hai outro en catalán na sección PANTALLAS. Queremos dar a opción de acceder a este material. Artigos en v.o., como o cinema que vemos.

Evidentemente, non podemos deixar de apoiar un cinema diferente que se está a facer en Galicia, nin os circuítos de exhibición que permiten o visionado destas obras. Así, PROCESOS fixarase no proceso creativo (en vídeo) e vital (con entrevista escrita) dos nosos autores máis relevantes, mentres que CONTRACAMPO está máis centrada na exhibición. O ciclo que lle programa o CGAI a Luis Miñarro sérvenos para falar dun produtor-autor que deixa a súa pegada en cada novo traballo que realiza, e que nos permitiu descubrir os últimos Oliveira, Weerasethakul, de Orbe ou Guerín, entre outros.

Finalmente, FOUND FOOTAGE intenta rescatar esas figuras deixadas de lado pola Historia do Cinema máis academicista. Abrimos con Jean Painlevé, biólogo e cineasta acollido polos surrealistas e rexeitado pola comunidade científica.

Esperamos que A Cuarta Parede, ese espazo metafórico entre o público e a obra, sexa un lugar intermedio no que atoparnos para o debate. Rachemos, como adoita dicirse, ese muro.

EQUIPA

Directores

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Edición e xestión da web

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Martina Pérez Pérez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Escriben neste número

Paulo Cunha

Eloy Domínguez Serán

Arturo Losada

Christian Martínez Sánchez

Cloe Masotta Lijtmaer

Laura Menéndez

Horacio Muñoz Fernández

Alberte Pagán

Víctor Paz Morandeira

Jaime Pena

Julio C. Piñeiro

Daniel Ribas

Ángel Santos

José Manuel Sande

Ana Isabel Soares

Iván Villarmea Álvarez

Textos publicados neste número:
Pantallas:

LE PÈRE DE MES ENFANTS, de Mia Hansen-Løve, por Ángel Santos Touza

BLACK SWAN, de Darren Aronofsky, por Christian Martínez

TRUE GRIT, de Joel & Ethan Coen, por Víctor Paz Morandeira

SOMEWHERE, de Sofia Coppola, por Julio C. Piñeiro

INCENDIES, de Denis Villeneuve, por Eloy Domínguez Serén

MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt, por Horacio Muñoz Fernández

Panorámica:

MIGUEL GOMES: POESÍA E IMAXINACIÓN, de Paulo Cunha

DESEXAR O IMPOSIBLE – O CINE DE JOÃO PEDRO RODRIGUES, de Laura Menéndez

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O DOCUMENTAL PORTUGUÉS NO INICIO DO SÉCULO XXI, de Ana Isabel Soares

ÚLTIMO CINEMA PORTUGUÉS: EXPERIMENTACIÓN FORMAL E NARRATIVA, por Daniel Ribas

Zoom in:

VARIACIÓNS PARA XÉNEROS E ICONAS. O CINEMA DOS IRMÁNS COEN, por Iván Villarmea Álvarez

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT, por Jaime Pena

Found Footage:

JEAN PAINLEVÉ: MICROCINE SUBACUÁTICO, por Eloy Domínguez Serén

Contracampo:

DE REVOLTAS E HOMES, por José Manuel Sande

COMPAÑERO FEDERICO GARCÍA, por Alberte Pagán

ENTREVISTA A LUIS MIÑARRO, por Cloe Masotta

Moviola:

O CINEMA DE PEQUE VARELA, por Arturo Losada

Comments are closed.