Número 16

Cara onde vai a cinefilia? Está condicionada polos modos de visionado de cada xeración? É o mesmo ver filmes na sala que no espazo privado da nosa casa? Iván Villarmea reflexiona sobre estas cuestións no artigo que abre a Panorámica deste número, mentres que Miguel Blanco aborda o mesmo tema centrándose nos debates e mecanismos para compartir títulos na rede, entendidos como un xeito de construír a cinefilia da súa xeración. A cuestión, porén, non é somentes como decidimos ver os filmes, senón como podemos facelo: por ese motivo, Víctor Paz sae preguntar en que ficou esa promesa institucional de crear un circuíto de salas públicas en Galicia ás que levar unha programación cinematográfica de corte cultural, lonxe duns circuítos comerciais onde o cinema de autor está cada vez máis acurralado.

Mentres escribiamos todo isto, recibimos a noticia de que os Cinebox de Pontevedra pechan as súas portas. Lamentamos que iso ocorra, así como ver desaparecer tamén Alta Films, unha distribuidora esencial para o cinema de autor e en V.O., que pasa por horas baixas no estado. Precisamente por iso, decidimos lanzar un debate entre varios programadores deste tipo de salas ao xeito dos que xa fixeramos coa crítica e cos festivais. A maiores, como o consumo cinematográfico actual semella orientarse cara Internet, organizamos un segundo debate para delimitar cara onde vai a distribución / exhibición baixo demanda, ben sexa na rede ou mediante a televisión interactiva. En esencia, trátase de reflexionar sobre o presente e o futuro da cinefilia, non só en función dos seus hábitos de visionado, senón tamén con respecto a aqueles espazos e foros que aínda fican dispoñíbeis e que non deixan de mudar.

A esta Panorámica, á que lle engadiremos algunha que outra peza máis, súmanselle tamén outros contidos como as crónicas do festival de Jeonju, a cobertura do (S8) Mostra de Cinema Periférico d’A Coruña, ou varias críticas de títulos recentes e por estrear. Unha vez máis, feliz lectura.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Luis Betrán

Miguel Blanco Hortas

Sofía Ferrero

Débora García

Óscar Iglesias

Arturo Losada

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea

Colaboran neste número

Juan Alía

Víctor Anaya

Cristina Bertrán

Doménec Boronat

Jaume Ripoll

Diego Rodríguez

Ángel Sánchez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

 

Textos publicados neste número:
Pantallas:

BEFORE MIDNIGHT, de Richard Linklater, por Iván Villarmea Álvarez.

HANNAH ARENDT, de Margarethe von Trotta, por Debora García

3 X 3D, de P. Greenaway, J-L Godard & E. Pêra, por Paulo Cunha

LA MIGLIORE OFFERTA, de Giuseppe Tornatore, por Debora García

RENOIR, de Gilles Bourdos, por Debora García

Panorámica:

OS CINÉFILOS GALEGOS, Á PROCURA DE SALAS, por Víctor Paz Morandeira

AS XERACIÓNS DA CINEFILIA, por Iván Villarmea Álvarez

A CINEFILIA NOS TEMPOS DO EMULE, por Miguel Blanco Hortas

“O CINEMA PRECISA IMAXINACIÓN”. ENTREVISTA CON DOMÉNEC BORONAT, PROGRAMADOR DE CINECIUTAT, por Iván Villarmea Álvarez

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN, por Víctor Paz Morandeira

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (II), por Víctor Paz Morandeira

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (III), por Víctor Paz Morandeira

QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?, por Iván Villarmea Álvarez

FESTIVAL SCOPE: O FUTURO DA PROGRAMACIÓN?, por A Cuarta Parede

Zoom in:

JEONJU, DE COREA PARA O MUNDO, por Sofía Ferrero e Víctor Paz

JEONJU 2013: FILMES COREANOS (1/2), por Sofía Ferrero Carrega

JEONJU 2013: FILMES COREANOS (2/2), por Sofía Ferrero e Víctor Paz

UNHA OLLADA MARICA SOBRE FAR FROM HEAVEN, por Oscar Iglesias Álvarez

FID MARSEILLE 2013: UN FESTIVAL FALADO, por Víctor Paz Morandeira

FID MARSEILLE 2013: TEATRO E IMAXE, por Víctor Paz Morandeira

VILA DO CONDE 2013: REI INÚTIL E GAMBOZINOS, por Paulo Cunha

VILA DO CONDE 2013: CONAKRY, por Paulo Cunha

VILA DO CONDE 2013: A MÃE E O MAR, por Paulo Cunha

RECICLAXE INTERTEXTUAL: A SEMIÓTICA NO CINEMA, por Maria Vitoria Rittiner Basaez

Found Footage:

ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA, por Luis Betran

Contracampo:

“O MEU NOVO FILME SERÁ UN MONUMENTO AO MEDIO ANALÓXICO”, por Víctor Paz Morandeira

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR, por Víctor Paz Morandeira

“PENSAR O TEMPO E O ESPAZO: ISO É O CINEMA”, por Víctor Paz Morandeira

“MÁIS QUE UN CINEASTA, SON UN CAMARÓGRAFO E UN OPERADOR DE PROXECCIÓN”, por Víctor Paz Morandeira

Moviola:

PROCESOS#16 – ALBERTO GRACIA, por Tito Rodríguez

Non hai artigos relacionados.

Comments are closed.