Número 18

A inminente estrea do filme de ciencia-ficción Snowpiercer, primeira película rodada en inglés do surcoreano Bong Joon-ho; e o recente paso polas salas de The Last Stand (Kim Jee-woon) e Stoker (Park Chan-wook), cintas rodadas por compatriotas da mesma xeración tamén en inglés; coincide co ciclo que este mes lle dedica o FIC Xixón ao tamén surcoreano Hong Sang-soo, logo do seu paso cunha retrospectiva similar polo BAFICI. Esta coincidencia convirte o 2013 nun ano moi surcoreano no ámbito hispano-falante. Estes dous cinemas, un que bebe de Hollywood para chegar a el cun brío que vai máis aló do blockbuster; outro que arrasa en festivais cun estilo principalmente minimalista e pausado, sitúanse nas Antípodas. Porén, existen puntos en común dunha posible identidade coreana nestes filmes? Logo da aparición de Im Kwon-taek en Europa nos 90, Kim Ki-duk foi o embaixador desta filmografía ata ben entrados os 2000, cando toman o relevo Lee Chang-dong ou Im Sang-soo. Agora está de moda Hong Sang-soo. Todos eles levan (e no caso de Im Kwon-taek aínda máis) vinte anos traballando, aínda que o seu impacto en Occidente estea a ser máis tardío. Neste número d’A Cuarta Parede, preguntámonos como foi evolucionando a súa linguaxe e se, xunto a outras propostas máis comerciais pero esixentes (a chamada terceira vía), podemos falar dun corpus do cinema surcoreano. O festival de Busán permítenos sacar o termómetro para ver como se comportan estas tendencias na propia Corea do Sur, mentres botamos a vista atrás para repasar unha frutífera evolución.

Amais do especial sobre esta filmografía asiática, A Cuarta Parede segue pendente da actualidade cinematográfica que nos rodea. Novembro é un mes cunha axenda moi axustada de festivais. Aí estarán as crónicas e entrevistas chegadas do Doc Lisboa, o Festival de Cinema Europeo de Sevilla ou o Cineuropa, que nos permiten facer un repaso aos mellores filmes do ano, antes de clausuralo para ver que nos deixou este tempada.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Sofía Ferrero Cárrega

Débora García

Laura Montero Plata

Daniel de Partearroyo

Víctor Paz Morandeira

Horacio Muñoz Fernández

Iván Villarmea

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados  neste número:
Pantallas:

SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho, por Daniel de Partearroyo

東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada, por Debora García

そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda, por Laura Montero Plata

PEPE EL ANDALUZ, de Alejandro Alvarado e Concha Barquero, por Iván Villarmea Álvarez

12 YEARS A SLAVE, de Steve McQueen, por Laura Montero Plata

A SPELL TO WARD OFF THE DARKNESS, de Ben Rivers e Ben Russell, por Horacio Muñoz Fernández

LE PASSÉ, de Asghar Farhadi, por Julio C. Piñeiro

HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra, por Horacio Muñoz Fernández

郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang

Panorámica:

BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK, por Debora García

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013, por Sofía Ferrero Carrega

O HAN NO CINEMA SURCOREANO, por Víctor Paz Morandeira

BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA, por Debora García

KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO, por Laura Montero Plata

OPEN TALK: BONG E TARANTINO, por Sofía Ferrero Carrega

Zoom in:

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA, por Víctor Paz Morandeira

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL, por Víctor Paz Morandeira

SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL, por Víctor Paz Morandeira

SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA, por Víctor Paz Morandeira

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO, por Iván Villlarmea Álvarez

“PÓDESE HABITAR NA IMAXE” ENTREVISTA CON MARÍA CAÑAS, por Iván Villarmea Álvarez

OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL, por Sofía Ferrero Carrega

Found Footage:

GUNVOR NELSON: A CINEASTA INESPERADA, por Víctor Paz Morandeira

Moviola:

PROCESOS#18 – JONÁS TRUEBA, por Víctor Paz Morandeira

Comments are closed.