Número 19
A Cuarta Parede comeza este novo ano cun repaso ao mellor do anterior a través das votacións dos nosos colaboradores. Como estas listaxes serven para ben pouco se non se acompañan dalgunha reflexión, imos adicar a nosa Panorámica a algunhas das tendencias que marcaron este 2013, partindo sempre dos filmes incluídos na nosa escolma. Ademais, revisaremos as críticas dos títulos mellor valorados, e publicaremos outras novas daqueles que se nos escaparon no momento da súa estrea ou do seu paso por festivais. Un ano máis, para non descoidar a actualidade, cubriremos o Festival de Rotterdam, e adicaremos o noso vindeiro Procesos a un cineasta que nos entusiasma: Isaki Lacuesta.
O novo ano chega tamén con algún cambio na organización interna da revista, como é a entrada de Xan Gómez Viñas e Laura Montero Plata no noso consello de redacción, dous investigadores académicos que remataron o 2012 presentando as primeiras das súas moitas obras futuras: o documental Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, 2012) e o libro El mundo invisible de Hayao Miyazaki (Laura Montero Plata, 2012). De seguro que moitos de vós xa lestes algún dos seus artigos, mais a partir de agora a súa participación activa na toma de decisións sobre os contidos da revista fará que o noso traballo sexa un pouco mellor e un pouco máis esixente. Velaquí daquela as novidades de A Cuarta Parede para 2014: un agasallo de reis para todos vós, lectores e lectoras, que aínda durará todo o ano…
Dirección, xestión e edición da web
Víctor Paz Morandeira
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Paulino Vilasoa Boo
Consello de redacción
Eloy Domínguez Serén
Iván García Ambruñeiras
Xan Gómez Viñas
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Escriben neste número
Paulo Cunha
Débora García
Xan Gómez Viñas
Óscar Iglesias Álvarez
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Daniel de Partearroyo
Víctor Paz Morandeira
Julio C. Piñeiro
Iván Villarmea Álvarez
Colaboran neste número
Luis Betrán Colás
Miguel Blanco
Paulo Cunha
Sofía Ferrero Cárrega
Iván García Ambruñeiras
Débora García
Xan Gómez Viñas
Óscar Iglesias Álvarez
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Daniel de Partearroyo
Alex Pérez Lascort
Julio C. Piñeiro
Daniel Ribas
Tito Rodríguez
Nicolás Ruiz
Raquel Schefer
Gonzalo Suárez
Julio Vilariño Cabezas
CONTACTO
info@acuartaparede.com
Textos publicados en este número:
Pantallas:
一代宗師 (THE GRANDMASTER), de Wong Kar-wai, por Horacio Muñoz Fernández
LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino, por Oscar Iglesias Álvarez
L’INCONNU DU LAC, de Alain Guiraudie, por Tito Rodríguez
REDEMPTION, de Miguel Gomes, por Daniel de Partearroyo
LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau, por Xan Gómez Vinhas
DJANGO UNCHAINED, de Quentin Tarantino, por Laura Montero Plata
FRANCES HA, de Noah Baumbach, por Horacio Muñoz Fernández
HER, de Spike Jonze, por Oscar Iglesias Álvarez
Panorámica:
2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO, por Iván Villarmea Álvarez
UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO, por Víctor Paz Morandeira
O MELLOR DE 2013, por A Cuarta Parede
Zoom in:
“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY, por Debora García e Xan Gómez Vinhas
UNHA REFLEXIÓN HOMOCÉNTRICA SOBRE WEEKEND, por Oscar Iglesias Álvarez
USA-BABILONIA, por Debora García e Abel Penha
Found Footage:
PAULO ROCHA, O ETERNO APRENDIZ, por Paulo Rocha
Moviola:
PROCESOS#19 – ISAKI LACUESTA, por Víctor Paz Morandeira