Número 20

Moitos grandes filmes tentan transmitir coas súas imaxes as sensacións asociadas a experiencias físicas ou psicolóxicas, funcionando así como mediadores entre o artificio do cinema e a realidade do público. Nos últimos anos, unha serie de títulos afondaron nesta tendencia ao propor diferentes variacións sobre a representación de traumas colectivos e individuais, históricos e psicolóxicos, moitas veces asociados con algunha doenza mental. Emporiso, dende A Cuarta Parede queremos reflexionar sobre o sentido e a construción destas narrativas, sobre todo nun momento no que o cinema contemporáneo, como diciamos no noso número anterior, semella máis interesado nas pantasmas do pasado que nas do presente. Os artigos da nosa vindeira panorámica analizarán polo tanto algunhas das narrativas traumáticas que tanto abundan no cinema recente, quer nos blockbusters de Hollywood ou no cinema de autor asiático, de Rithy Pahn a Hirokazu Kore-eda, sen esquecernos de explorar tamén as pontes que existen entre o cómic autobiográfico e o documentário de animación.

Outros contidos deste número serán as prometidas crónicas do Festival de Rotterdam, que aínda van chegar cun mes de atraso (temos que felicitar ao noso colaborador Tito Rodríguez pola súa recente paternidade!); máis artigos retrospectivos sobre a obra de cineastas aínda por reivindicar, como é o caso de Bill Douglas; e as nosas acostumadas críticas da actualidade cinematográfica. Estas son algunhas das pezas que poderedes ler nas vindeiras semanas, nun número no que, sen darnos conta, estamos de aniversario: levamos vinte números en tres anos, cifras redondas que seguirán medrando até que un día nos decidamos por fin a argallar unha boa festa, anque só sexa cinéfila…

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Alba Cambeiro Cernadas

Débora García Cabeza

Mónica Gorenberg

Óscar Iglesias Álvarez

Arturo Losada Ballestero

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Tito Rodríguez

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

JEUNE ET JOLIE, de François Ozon, por Alba Cambeiro

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée, por Debora García

PELO MALO, de Mariana Rondón, por Oscar Iglesias Álvarez

LES SALAUDS, de Claire Denis, por Alba Cambeiro

THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson, por Oscar Iglesias Álvarez

Panorámica:

CINEMA E DOENZA MENTAL, por Mónica Gorenberg

HOLLYWOOD TRAUMATIZADO: OS HEROES Á CAZA DO TERRORISTA, por Víctor Paz Morandeira

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO, por Iván Villarmea Álvarez

MUROS INVISÍBEIS / TRAUMAS INDIVIDUALMENTE COLECTIVOS NO CINEMA DE HIROKAZU KORE-EDA, por Laura Montero Plata

VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL, por Tito Rodríguez

Zoom in:

“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”, por Tito Rodríguez

Contracampo:

LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA, por Víctor Paz Morandeira

Found Footage:

‘POÉTICAS DEL GESTO EN EL CINE EUROPEO CONTEMPORÁNEO’, por Iván Villarmea Álvarez

Moviola:

PROCESOS#20 – MIGUEL MARIÑO, por Arturo Losada

Comments are closed.