Número 21

Os aniversarios serven, entroutras cousas, para espertar a reflexión: Que é A Cuarta Parede? Que é o que somos? Que é o que facemos? Por suposto, somos unha revista dixital de crítica cinematográfica, que é o que imos dicindo por aí, mais queremos pensar que esta cabeceira é, ante todo, unha ferramenta que nos permite pensar o cinema, tanto aos que escribimos nela como aos que nos ledes. Esta idea, esta ilusión, vertebra tódolos contidos deste número, que xorde da resaca do noso terceiro aniversario, aquel que celebrabamos hai un par de meses no editorial anterior. Por este motivo, o número desta primavera vai estar adicado á teoría e á práctica da crítica, entendida en toda a súa amplitude, nun intento de compartir as nosas páxinas con varios colegas doutras publicacións, disciplinas e oficios do audiovisual.

A teoría estará nunha nova panorámica composta por cinco reflexións complementarias sobre o exercicio da crítica: en primeiro lugar, Horacio Muñoz Fernández abre esta sección cun inventario das características e problemas máis habituais da crítica actual; a seguir, Jara Yáñez, redactora da revista Caimán. Cuadernos de Cine, aborda a capacidade da crítica para crear tendencias; nun terceiro artigo, José Manuel López Fernandez, fundador da revista dixital Tren de Sombras -tristemente desaparecida- e colaborador tamén de Caimán. Cuadernos de Cine, comenta a relación entre a crítica xeralista e a especializada dende a dicotomía paixón / lucidez; máis adiante, Antonio Weinrichter, crítico no xornal ABC e investigador na Universidad Carlos III de Madrid, explora as relacións e diferenzas entre a crítica xornalística e a crítica académica; e por último José Luis Castro de Paz, catedrático de Historia do Cinema na Universidade de Santiago de Compostela, atende aos encontros e friccións da crítica coa análise histórica-fílmica.

A práctica estará, obviamente, en tódalas páxinas deste número, dende as críticas dos filmes que chegarán ás nosas pantallas nestes dous vindeiros meses até un artigo retrospectivo sobre a obra do cineasta británico Bill Douglas. Porén, a gran novidade desta nova entrega d’A Cuarta Parede é a apertura dunha sección que levará por título ‘Obradoiro’ na que poderedes atopar distintos textos escritos polos asistentes ao seminario ‘A Crítica Intermedia‘, unha actividade que organizamos durante a última edición do Festival Play-Doc de Tui. Estas pezas -críticas, crónicas, entrevistas, perfís e reportaxes sobre o propio festival- servirán para contar o que vimos e o que vivimos durante a nosa estadía nun deses encontros eufóricos dos que xorden tantas e tan boas ideas. Deste xeito, a través desta sección, esperamos abrir a nosa revista, entendida sempre como ferramenta, a máis xente, máis colaboradores, para así seguir ampliando as formas de ver, falar, pensar e vivir o cinema, que é, a fin de contas, o sentido dunha publicación como a nosa.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Henrique Álvarez Rubal

Jorge Asensi Rodríguez

Sara Calderón Quiñones

Alba Cambeiro Cernadas

José Ignacio Canosa Vaquero

Martín Cañedo López

Guillem Carreras-Candi Sal.lari

José Luis Castro de Paz

Lorenzo Chedas Redondo

María Fernández Villamarín

Analía G. Alonso

Xan Gómez Viñas

Carolin González Seabra

Óscar Iglesias Álvarez

Jessica Lamas Pardo

Iria Leirós Pérez

Pablo Lomba Riego

Emilia López

José Manuel López Fernández

Joaquín Mateo Morales

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Nieves Neira Roca

Iñaki Novoa Bastida

Carme Otero Cruz

Diego Pérez Gago

Manuel Precedo Barbeito

José Manuel Rodríguez López

Brais Romero Suárez

Álgela Silva Charlin

Diana Toucedo Crespo

Antón Varela Rodríguez

Alfonso Vázquez Cortizo

Antonio Weinrichter

Jara Yáñez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

L’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh, por Laura Montero Plata

風立ちぬ (THE WIND RISES), de Hayao Miyazaki, por Laura Montero Plata

LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy, por Alba Cambeiro

X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer, por Óscar Iglesias Álvarez

ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch, por Óscar Iglesias Álvarez

Panorámica:

NIN XERALISTA NIN ESPECIALIZADA: CRÍTICA, por José Manuel López

A CRÍTICA COMO XERADORA DE TENDENCIAS. O CASO DO ‘OUTRO’ CINEMA ESPAÑOL por Jara Yáñez

PERFÍS CRÍTICOS DA CRÍTICA ACRÍTICA, por Horacio Muñoz Fernández

ANÁLISIS HISTÓRICO-FÍLMICO Y CRÍTICA DE CINE: ENCUENTROS Y FRICCIONES, por José Luis Castro de Paz

LAS DOS ORILLAS DEL ANÁLISIS FÍLMICO, por Antonio Weinrichter

Zoom in:

O TEST DE BECHDEL, por Óscar Iglesias Álvarez

O FENÓMENO DO CRUISING NO AUDIOVISUAL RECENTE, por Óscar Iglesias Álvarez

Found Footage:

BILL DOUGLAS: FILMAR SOBRE A MEMORIA, por Xan Gómez Vinhas

Contracampo:

FILM COMMENT: AUTORISMO ÁXIL, por Víctor Paz Morandeira

Circuíto:

INFORME CINE LATINOAMERICANO RECIENTE: DE HIJOS SIN PADRES Y PADRES SIN HIJOS, por Tito Rodríguez

FICG 2014: REALISMO QUE PERPETÚA UNA SOLA CLASE DE REALIDAD, por José Ramón Otero Roko

PLAY-DOC 2014: UNA CIERTA TENDENCIA DEL CINE DOCUMENTAL, por Joaquín Mateo Morales

INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA, por Víctor Paz Morandeira

PLAY-DOC 2014: O ANO DA FICCIÓN DOCUMENTAL, por Angela Silva Charlin

JIFF 2014: LO QUE EL FERRY SE LLEVÓ, por Sofia Ferrero Carrega

Moviola:

PROCESOS#21 – ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN, por Alba Cambeiro

Obradoiro:

COSTA DA MORTE, de Lois Patiño, por Alba Cambeiro

STOP THE POUNDING HEART, de Roberto Minervini, por Antón Varela

MANAKAMANA, de Stephanie Spray & Pacho Vélez, por Diego Pérez Gago

GREY GARDENS, de Ellen Hovde, Albert Maysles, David Maysles & Muffie Meyer, por Eva María González Lomba

JUNTOS, de Nicolás Pereda, por Brais Romero Suárez

PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda, por Oscar Iglesias Álvarez

EAST OF PARADISE, de Lech Kowalski, por Diana Toucedo

LONGA NOITE DE LERIA, Iria Leirós Pérez

Comments are closed.