Número 23

O cinema, ademais dunha arte do tempo, é tamén unha arte do espazo, na medida en que as imaxes en movemento son capaces de producir espacialidade, isto é, o conxunto de relacións sociais, económicas e culturais que se crean arredor dun lugar para convertelo nalgo máis que unha simple entidade xeográfica. A nosa fascinación por este tema xa nos levou hai dous anos a publicar unha panorámica adicada á representación das transformacións urbanas (que podedes lembrar no arquivo do noso número 10); mais nesta nova entrega da revista imos ser algo máis ambiciosos: queremos abordar a interacción entre o cinema e a paisaxe, o xeito no que ambos se inflúen mutuamente, ben sexa naqueles filmes que se poderían adscribir ao chamado cinema paisaxista, ou ben explorando outros dispositivos de representación máis opacos, atmosféricos ou fragmentarios.

Os artigos que abren esta nova panorámica propóñense daquela analizar a función narrativa, estética e mesmo ideolóxica da paisaxe no cinema (‘Figuras na Paisaxe‘, de Angela Prysthon), con especial atención ao caso galego (‘A Paisaxe Eterna‘, de Soliña Barreiro) e tamén ao documentário de arquivo (‘Paisaxe e Paisanaxe‘, de Iván Villarmea). Setembro, a maiores, é o mes no que o calendario de estreas e festivais se acelera para dar inicio a unha nova tempada cinéfila, na que nós seguiremos publicando máis críticas na sección de Pantallas e máis crónicas na sección de Zoom In. Neste ano, por exemplo, seica imos ter crónica do Festival de Donostia, e recuncaremos tamén en Curtocircuito e no DocLisboa. A falta así de catro días para o equinoccio, este outono (a mellor época do ano para ir ao cinema!) fica oficialmente inaugurado en A Cuarta Parede. Feliz lectura!

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

María Soliña Barreiro

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Irene Pérez Puyol

Angela Prysthon

Iván Villarmea Álvarez

(e outros a sumarse…)

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

GOD HELP THE GIRL, de Stuart Murdoch, por Óscar Iglesias Álvarez

白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan, por Laura Montero Plata

MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut, por Irene Puyol

EDEN, de Mia Hansen-Løve, por Irene Puyol

A VIAXE DE LESLIE, de Marcos Nine, por Víctor Paz Morandeira

RELATOS SALVAJES, de Damián Szifrón, por Laura Montero Plata

JET LAG, de Eloy Domínguez Serén, por José Manuel López

LAS ALTAS PRESIONES, de Ángel Santos, por Víctor Paz Morandeira

JAUJA, de Lisandro Alonso, por Horacio Muñoz Fernández

Panorámica:

PAISAXE E PAISANAXE, por Iván Villarmea Álvarez

A PAISAXE ETERNA, UNHA IDEOLOXÍA DE INMOBILIDADE, por María Soliña Barreiro

ENTRE O RURAL E O URBANO, por Rita Bastos

FIGURAS NA PAISAXE: CINEMA NARRATIVO E TOPOFILIA, por Angela Prysthon

Zoom in:

ÉRIC BAUDELAIRE: “TODA NACIÓN É UNHA FICCIÓN COLECTIVA”, por Víctor Paz Morandeira

Found Footage:

OS PASEOS ARQUITECTÓNICOS DE HEINZ EMIGHOLZ, por Iván Villarmea Álvarez

Circuíto:

CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR, por Analía G. Alonso

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II) por Víctor Paz Morandeira

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II), por Víctor Paz Morandeira

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS, por Laura Montero Plata

IN-EDIT 2014: ENTRE A FORMA E O CONTIDO, por Cibrán Tenreiro

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (II / III): ISRAEL, O OUTRO COMO REFLEXO DUN MESMO, por Laura Montero Plata

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (III / III): XAPÓN, MORTE E VIOLENCIA, por Laura Montero Plata

CAMINHOS DO CINEMA PORTUGUÊS: COIMBRA, CAPITAL DO CINEMA LUSO, por Pablo Lomba Rego

LAS NUEVAS OLAS: SWEET 16, por Víctor Paz Morandeira

SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO, por Víctor Paz e Iván Villarmea Álvarez

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS, por Víctor Paz Morandeira

PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?, por Víctor Paz Morandeira

Comments are closed.