Número 26

O traballo da crítica consiste en elaborar un discurso sobre o mundo a través do cinema, mais hai moitos xeitos de facelo: hai quen escribe, quen investiga, quen dá aulas, quen filma e quen programa, actividades todas elas que se desenvolven dende unha perspectiva crítica e cunha vontade ás veces moi similar. Moitas destas tarefas mesmo poden coincidir nunha mesma persoa, polo que hai críticos-ensaístas, críticos-investigadores, críticos-profesores, críticos-cineastas e tamén críticos-programadores, a figura, esta última, á que lle adicamos a nova edición do seminario sobre crítica cinematográfica que organizamos por segundo ano consecutivo en Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui.

A Panorámica deste número estará composta, polo tanto, polas distintas intervencións que houbo neste seminario. Nelas, Jaime Pena comenta as diferenzas entre ser crítico e ser programador nunha filmoteca, Cíntia Gil revela a influenza do pensamento crítico no deseño e no funcionamento interno dun festival, Miquel Martí Freixas reflexiona sobre os puntos en común entre a crítica e a programación no tempo de internet e da precariedade económica, e José Luis Cienfuegos explica o esforzo que supón artellar a liña editorial dun festival con esa perspectiva crítica en mente.

Outra das actividades que organizamos no último Play-Doc foi o noso obradoiro de crítica cinematográfica, do que sairán varias crónicas deste festival que publicaremos, igual que o ano pasado, dentro dunha sección especial chamada, precisamente, Obradoiro. Ademais, teremos en Zoom In unha crónica do Festival Indie Lisboa, onde puidemos conversar con Eugène Green e Jan Soldat. O Procesos deste número, pola súa banda, estará adicado a un vello coñecido da revista que aínda non pasara por esta sección: Lois Patiño. E por último, como de costume, publicaremos en Pantallas unhas cantas críticas dos filmes que están arestora de actualidade e revisaremos en Found Footage a obra do documentalista holandés Johan van der Keuken. Nesta primavera, polo tanto, temos moito que ver, moito que ler e moito que compartir convosco. Velaquí tendes daquela o Número 26 de A Cuarta Parede.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

José Luis Cienfuegos

Maria del Carmen Fúnez Galán

Cíntia Gil

Miquel Martí Freixas

Víctor Paz Morandeira

Jaime Pena

Brais Romero Suárez

Fermín Sales

Ángeles Silva Charlín

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas, por Óscar Iglesias Álvarez

Panorámica:

PLAYLISTS E CUBOS DE RUBIK, por Jaime Pena

ANOTACIÓNS ACERCA DA CRÍTICA E A PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA, por Miquel Martí Freixas

CRÍTICA E PROGRAMACIÓN EN FESTIVAIS, por Cintia Gil

Zoom in:

JAN SOLDAT: “TRASLADAR SEN INTERVIR, QUE CADA ESPECTADOR POIDA POSICIONARSE”, por Víctor Paz Morandeira

LOOP 2015: NOVO XIRO CINEMÁTICO DA VIDEOARTE CONTEMPORÁNEA, por Oriol Díez Ferrer

KEN JACOBS: “AMÉRICA É TAN DECEPCIONANTE!”, por Víctor Paz Morandeira

EUGÈNE GREEN: “A ÚNICA ESPERANZA PARA EUROPA É ATOPAR A SÚA ESPIRITUALIDADE”, por Víctor Paz Morandeira

CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”, por Debora García

Found Footage:

(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN, por Fermín Sales

(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN II, por Fermín Sales

Contracampo:

CINEMA EN CURSO, A ASIGNATURA NECESARIA, por Analía G. Alonso

Circuíto:

INDIELISBOA 2015 (I/III): MIA E WHIT, OS HEROES, por Víctor Paz Morandeira

INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN, por Víctor Paz Morandeira

INDIELISBOA 2015 (III/III): TODO É POSTA EN ESCENA, por Víctor Paz Morandeira

Obradoiro:

PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS, por Brais Romero Suárez

PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO, por Angela Silva Charlin

APPROACHING THE ELEPHANT, de Amanda Rose Wilder, por Mari Carmen Fúnez Galán

CLAIRE SIMON: LIBERDADE E MOVEMENTO, por Sergio de Benito

‘APPROACHING THE ELEPHANT’ E O DIRECT CINEMA, por Lautaro Mateo-Morales Vila

Comments are closed.