EQUIPA (27)

Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun xeito ou doutro, a idea que temos deste presente amurchado.

Un primeiro paso sería reflexionar sobre as dificultades históricas de representación do propio capital, como fai Horacio Muñoz Fernández no artigo inaugural deste novo número. A seguir, Iván Villarmea Álvarez e Brais Romero Suárez escriben sobre a representación da crise no cinema español, atendendo especialmente ás propostas que xorden dende as marxes da industria. Paulo Cunha e Daniel Ribas fan o propio no tocante ao cinema portugués, tomando o filme As Mil e Uma Noites (Miguel Gomes, 2015) como principal caso de estudo, mentres que Marta Álvarez afonda pola súa banda no caso francés a partir de La Loi du Marché (Stéphane Brizé, 2015). Por último Rafael Tassi Teixeira leva o tema a un nivel máis abstracto nun artigo sobre os espazos e as paisaxes da crise no cinema brasileiro dos últimos vinte anos.

O verán, por sorte, tamén é un bo momento para os festivais de cinema, polo que neste número non faltarán as nosas crónicas habituais: este ano volvemos ao FID Marseille e ao Curtas Vila do Conde, e fomos tamén a Filmadrid, ao Cinema Jove de València e á Mostra FIRE!! de Barcelona. O noso ritmo de publicacións baixará un pouco nas vindeiras semanas para deixarvos gozar da praia ou da montaña, mais en setembro volveremos con máis críticas de filmes, novos perfís de cineastas e un Procesos adicado a un dos nomes máis sonados do Novo Cinema Galego: Lois Patiño. Mentres tanto, felices vacacións para quen as teña, e moito ánimo para todos, porque a crise semella que vai seguir dando mal por moitos anos.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Marta Álvarez

Paulo Cunha

Oriol Díez Ferrer

Arturo Losada

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Jaime Pena

Daniel Ribas

Brais Romero Suárez

Fermín Sales

Rafael Tassi Teixeira

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Share SHARE

Comments

comments

Deixa o teu comentario