EQUIPA (29)

Como temos feito noutras ocasións, gústanos toma o pulso ao sector da creación cinematográfica, para comprobar en que estado se atopa, mediante debates con profesionais do cinema. Neste caso, decidimos centrarnos na distribución de filmes independentes, que semella está a mudar coa aparición de salas que programan á marxe dos multiplex. Falamos dunha distribución de filmes normalmente de moi baixo orzamento, que se distribúen con poucas copias, e que intentan dar un plus ao espectador, coa presenza dos seus directores en sala ou outro tipo de actividades antes impensables na distribución tradicional.

O noso novo número está centrado nesta Panorámica, que pon a discutir a algúns dos protagonistas deste cambio. Eles son Diana Santamaría (Capricci), Ramiro Ledo (Numax), Diego Rodríguez (Márgenes), José Luis Carrera (Abordar) e Alberto Sedano (CineBinario). Xunto ao debate, un artigo que analiza as recadacións por copia de varios títulos populares dos últimos meses, para comprobar realmente que é máis rendible respecto do investimento inicial; estas películas ou as grandes superproducións de Hollywood?

Xunto á Panorámica, as seccións habituais, nas que destaca un longo artigo de Found Footage con dobre entrevista a Carlo Padial, cineasta español que queremos reivindicar. Benvidas de novo á Cuarta Parede.

Dirección, edición e xestión da web

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Colaboran neste número

Alba Cambeiro

Abel González

Víctor Paz Morandeira

Tito Rodríguez

Brais Romero

Fermín Sales

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Comments are closed.