Número 3

Que sería dunha publicación que non intenta medrar, mellorar con cada número? Se logramos ese obxectivo, non o sabemos. Decidilo é cousa vosa, dos lectores, pero de algo si estamos seguros: esforzámonos, e encaramos esta nova andaina con ilusión e esixencia. Dende eses piares, o número 3 d’A Cuarta Parede vertébrase a partires dun especial sobre a función da crítica de cinema na súa sección Panorámica.

As posibilidades de escribir en Internet con moi baixos custos propiciaron a aparición dunha nova fornada de especialistas que non teñen por que render contas a liñas editoriais. Porén, cómpre revisar que impacto estamos a ter nun público amplo ou se, pola contra, vivimos na endogamia. Estamos a copiar os modos e formas dos nosos pais de papel ou explotamos as posibilidades do novo medio? Hoxe podemos consultar en bibliotecas os exemplares de Contracampo, importante revista da Transición á que dedicamos un artigo a modo de proclama; homónima, non por casualidade, dunha das nosas seccións. Pero onde poderemos ler nun futuro lonxano os nosos textos?

Este e outros temas son os que tratamos nun debate entre editores que lanzamos a varias revistas da globosfera. Vía Facebook, recollemos miles e miles de caracteres que resumimos, coas cuestións fundamentais, en dous artigos deste número (un deles publicarase dúas semanas máis tarde que o primeiro). Pola súa banda, o crítico e cineasta Alain Bergala, dende a experiencia de máis de tres décadas no oficio, dános algunhas claves para entender o estado actual da nosa actividade. Actividade moi habitualmente extensible á programación. Jaime Pena, responsable da selección de filmes que podemos ver no CGAI (a filmoteca galega), encárgase de perfilar as pautas do que entendemos n’A Cuarta Parede por un bo xestor cultural. Pecha a sección unha visita ao libro Movie Mutations, de Jonathan Rosenbaum e Adrian Martin.

Ademais, decidimos que a partires de agora publicaremos algúns artigos fóra da data habitual de saída de cada novo número, precisamente para aproveitar a flexibilidade da Internet. O groso dos contidos mantense, e o discurso de cada un dos números resta inmutable. O que variará serán adiantos puntuais, como xa viñamos facendo, e atrasos noutras ocasións cando sexa preferible esperar por cuestións de axenda. Isto afectará especialmente á sección Pantallas, dependendo das estreas, e a Contracampo. Neste sentido, tede en conta que nuns dez días publicaremos un adianto do S(8) Mostra de Cinema Periférico, intentando, coma sempre, promover os circuítos de cinema independente de Galicia. Esperamos que gocedes coa lectura tanto coma nós co traballo. Graciñas por estar aí.

Directores

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Edición e xestión da web

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Escriben neste número

Paulo Cunha

Eloy Domínguez Serén

Sofía Ferrero Cárrega

Iván García Ambruñeiras

Arturo Losada

Christian Martínez

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Jaime Pena

Nicolás Ruiz Jiménez

José Manuel Sande

Julio Vilariño Cabezas

Ivan Villarmea

Colaboran neste número

Óscar Brox

Gerard Casau

Fernando Ganzo

Elena Oroz

 

Textos publicados neste número:
Pantallas:

EL ÚLTIMO EXORCISMO, de Daniel Stamm, por Nicolás Ruiz Jiménez

RABBIT HOLE, de John Cameron Mitchell, por Christian Martínez

O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA, de Manoel de Oliveira, por Horacio Muñoz Fernández

TOURNÉE, de Mathieu Amalric, por Iván Villarmea Álvarez

POST MORTEM, de Pablo Larraín, por Eloy Domínguez Serén

A ESPADA E A ROSA, de João Nicolau, por Paulo Cunha

Panorámica:

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’, por Iván Villarmea Álvarez

‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE, por José Manuel Sande

“A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA”, por Víctor Paz Morandeira

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (I), por Eloy Domínguez Serén

A VIDA ÚTIL, por Jaime Pena

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (II), por Eloy Domínguez Serén

Zoom in:

THE HOUSEMAIDS: DERIVAS DO CINEMA SURCOREANO (1960-2010), por Sofía Ferrero Carrega

CHRIS MARKER: CONTRA A AMNESIA DIXITAL, por Julio Vilarinho Cabezas

Found Footage:

ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA, por Horacio Muñoz Fernández

Contracampo:

GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS, por Horacio Muñoz Fernández

DAVID LYNCH: UN UNIVERSO EN MIL SOPORTES, por Arturo Losada

BELOFF: PANTASMAS FOTOGRÁFICAS DA PSIQUE, por Víctor Paz Morandeira

A HIPÓTESE DO CINEMA, de Alain Bergala, por José Manuel Sande

Moviola:

O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA, por Arturo Losada

Comments are closed.