Número 30

Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que vise unha das súas imaxes icónicas, sen saber moi ben a que filme se refería. Descubrir Killer of Sheep é unha experiencia que abre os ollos a un modo honesto, directo e desgarrado de comprender a comunidade afroamericana. Disque a arte imita a vida. En Killer of Sheep, estamos certos de que así é.

Malia o carácter de culto desta obra, o cinema de Charles Burnett segue a ser bastante descoñecido no seu conxunto. Por sorte, a nova edición de Play-Doc vai encher ese oco cunha retrospectiva e unha publicación que celebramos dende A Cuarta Parede, adicándolle unha panorámica para falar da obra deste cineasta e do pouso que deixou noutros colegas de cor máis novos: imos publicar un estudo sobre os filmes afroamericanos recentes que senten a influencia deste autor, unha recensión do libro Charles Burnett. Un cineasta incómodo e, mais adiante, unha nova entrevista co realizador. Tendes moito por ler, e moito máis aínda por ver. Benvidas unha vez máis a un novo número d’A Cuarta Parede!

Dirección, edición e xestión da web

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero Suárez

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Colaboran neste número

Hugo Amoedo

Alba Cambeiro

Álvaro Fernández-Pulpeiro

Abel González

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero Suárez

Fermín Sales

Julio Vilariño Cabezas

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando, por Brais Romero Suárez

A VINGANÇA DE UMA MULLER, de Rita Azevedo Gomes, por Brais Romero Suárez

WHERE TO INVADE NEXT, de Michael Moore, por Brais Romero Suárez

Panorámica:

CHARLES BURNETT: “NON TE PODES DESFACER DO RACISMO TAN FÁCIL, É PARTE DA SOCIEDADE”, por Alba Cambeiro e Brais Romero

RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’, por Iván Villarmea Álvarez

VANGARDISMO E IDENTIDADE, AVANT-GUTTER, por Alba Cambeiro

Circuíto:

COURTISANE 2016: EPISODIOS NACIONAIS TRAUMÁTICOS, por Hugo Amoedo

INDIELISBOA 2016: SR. CORVO E FAMILIA, por Víctor Paz Morandeira

CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 1: DESCAFEINADO WOODY, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 2: A FEIRA DOS MENTIREIROS, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 3: FILLOS DE QUITA E PON, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 4: PARK CHAN-WOOK E MAREN ADE DIVIDEN, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 7: PEDRO ALMODÓVAR A POLA PALMA, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 8: UNHA VOLTA AO CINEMA SOCIAL, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 9: ALBERT SERRA E A AGONÍA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS, por Víctor Paz Morandeira

CANNES DÍA 11: A VOLTA DO VERHOEVEN MÁIS PERVERSO, por Víctor Paz Morandeira

CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA, por Víctor Paz Morandeira

Obradoiro:

OF THE NORTH, de Dominic Gagnon, por Sergio de Benito

Comments are closed.