NÚMERO 31

Os cineclubes son uns axentes perennes da cinefilia que teñen o valor de seguir reivindicando a dimensión colectiva e participativa do cinema. Nós somos os seus espectadores, e algúns mesmo estivemos detrás da súa programación nalgunha tempada, polo que é tempo adicarlles este novo número d’A Cuarta Parede.

Queríamos saber como lles van as cousas nestes tempos de peche (nas nosas casas, co noso home cinema, coa nosa conexión á rede e a nosa suscrición a distintas plataformas de video baixo demanda), polo que organizamos un debate dixital a seis bandas entre distintos cineclubistas de Galiza e Portugal: durante cinco días, Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense) falaron, entroutros temas, de programación, público, actividades, financiamento e medios técnicos, nun debate que agora publicamos en tres entregas. Ademais, a nosa panorámica complétase cunha reportaxe sobre a historia da Federación de Cineclubes de Galiza asinado por Iván Villarmea, un artigo de Brais Romero no que reivindica a política de resistencia do Cineclube de Compostela, e un texto de Ramiro Ledo no que explica as diferencias entre programar para un cineclube e para unha sala de cinema.

Neste Número 31 non faltarán tampouco as crónicas dos últimos festivais da primavera e os primeiros do verán, como o (S8) Mostra de Cinema Periférico, Film Madrid e o Curtas Vila do Conde. Témosvos tamén preparada unha entrevista con Vincent Macaigne, unha face habitual nos filmes da nova xeración de directores franceses, como Justine Triet, Antonin Peretjatko ou Guillaume Brac; un artigo sobre Mark Rapaport, un dos ensaistas cinematográficos máis lúcidos, autor, por exemplo, de Rock Hudson’s Home Movies (1992); e mais outro texto sobre Lionel Rogosin, director de On the Bowery (1956) entroutras pezas a reivindicar. Todo chegará, canda as novas críticas da Sección Pantallas, ao longo deste verán que aínda está por comezar (e por compartir), da praia ao cinema e do cinema á praia (ou era á montaña?), cunha breve parada na rede para ler as últimas publicacións d’A Cuarta Parede.

Dirección, edición e xestión da web

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero Suárez

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Colaboran neste número

Alba Cambeiro

Iván Cuevas

Paulo Cunha

Ramiro Ledo

Mely López

Marcos Nine

Ricardo Paz

Víctor Paz Morandeira

Manuel Precedo Barbeito

Brais Romero Suárez

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

BELLA E PERDUTA, de Pietro Marcello, por Brais Romero Suárez

CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen, por Víctor Paz Morandeira

Panorámica:

O DEBATE DOS CINECLUBES (I): FUNCIÓN E ORGANIZACIÓN, por A Cuarta Parede

O DEBATE DOS CINECLUBES (II): PROGRAMACIÓN E PÚBLICO, por A Cuarta Parede

O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS, por A Cuarta Parede

CINECLUBE DE COMPOSTELA: POLÍTICA DA RESISTENCIA, por Brais Romero Suárez

RAMIRO LEDO: DO CINECLUBE DE COMPOSTELA A NUMAX, por Ramiro Ledo Cordeiro

INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA, por Iván Villarmea Álvarez

CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR, por Óscar Iglesias Álvarez

Zoom In:

ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN E A PAISAXE, por Brais Romero Suárez

Contracampo:

JONATHAN ROSENBAUM: “O BO CINEMA ENSÍNACHE COMO VIVIR” (1/2), por Víctor Paz Morandeira

JONATHAN ROSENBAUM: “OS CINÉFILOS SOMOS COMA UN CLUB SECRETO” (2/2), por Víctor Paz Morandeira

Circuíto:

NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES), por Iván Villarmea Álvarez

CURTAS 2016: POLÍTICAS DE REPRESENTACIÓN, por Víctor Paz Morandeira

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL, por Iván Villarmea Álvarez

FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO, por Víctor Paz Morandeira

STEPHEN BROOMER: O FILLO ARTÍSTICO DE JACK CHAMBERS E MICHAEL SNOW, por Brais Romero e Víctor Paz

KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”, por Víctor Paz Morandeira

VINCENT MACAIGNE: “CANDO ACTÚO O MEU RITMO CARDÍACO ESTÁ EN CONEXIÓN CO DA PELÍCULA”, por Víctor Paz Morandeira

SAN SEBASTIÁN 2016 (I): ESPAZOS, por Sergio de Benito

SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE, por Sergio de Benito

SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (1/2), por Sergio de Benito

SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2), por Sergio de Benito

(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO: NOVA LEXISLATURA, por Brais Romero e Víctor Paz

Moviola:

PROCESOS#24 – XIANA GÓMEZ-DÍAZ, por Brais Romero e Víctor Paz

Obradoiro:

OS ENSAIOS COMO TENTATIVAS, por Pedro Henrique

BALADA DE UM BATRÁQUIO, de Leonor Teles, por Raquel Morais

Comments are closed.