NÚMERO 32

A chegada do outono marca o fin da época de festivais de música. Prolongando este espírito melómano, A Cuarta Parede centra a súa atención nos documentais musicais e nas tendencias dun xénero que non deixa de colleitar louvanzas. Filmes como Amy (Asif Kapadia, 2015), Janis: Little Girl Blue (Amy J. Berg, 2015) ou a aínda non estreada Gimme Danger (Jim Jarmusch, 2016) confirman que a música xa non é monopolio exclusivo dos escenarios.

Cibrán Tenreiro, por exemplo, escribe nesta nova panorámica sobre as gravacións non profesionais dos concertos, abordando sete aspectos deste fenómeno omnipresente. Ivan Villarmea analizará un padrón recorrente en varios documentarios musicais recentes: a relación das bandas de música cos lugares xeográficos dos que xorden. Alba Cambeiro tamén escribirá sobre diferentes obras audiovisuais que xorden a partires da banda Joy Division e do personaxe de Ian Curtis. Completarán a panorámica un artigo de Brais Romero sobre a relación do documental musical co que hai diante e detrás do escenario, e un texto de Eva Rivera sobre o festival Dock of the Bay.

Non faltará espazo para os vindeiros festivais de cinema. Sergio de Benito achegaranos toda a actualidade desde o Festival de San Sebastián, e, por suposto, acudiremos unha vez máis ás nosas citas con Curtocircuito e o Doc Lisboa. Encheremos de novo as Pantallas con numerosas reseñas sobre os filmes que chegarán ás salas nas próximas semanas, como Os días afogados (César Souto e Luís Aviles, 2016) ou Elle (Paul Verhoeven, 2016), sen esquecer entrevistar a directores da altura de Pedro Costa, que visitirá Compostela co seu Cavalo Dinheiro (2014).

Dirección, edición e xestión da web

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero Suárez

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Colaboran neste número

Cibrán Tenreiro

Raquel Schefer

Martín Cuesta

Sergio de Benito

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero Suárez

Eva Rivera

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

OS DÍAS AFOGADOS, de César Souto e Luis Avilés, por Víctor Paz Morandeira

GIMME DANGER, de Jim Jarmusch, por Sergio de Benito

MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera, por Sergio de Benito

ESQUECE MONELOS, de Ángeles Huerta, por Víctor Paz Morandeira

COMOARA, de Corneliu Porumboiu, por Sergio de Benito

Panorámica:

DIANTE E DETRÁS DO ESCENARIO, por Brais Romero Suárez

RETRATOS DE JOY DIVISION, por Alba Cambeiro

SETE NOTAS SOBRE OS VÍDEOS NON PROFESIONAIS DE CONCERTOS, por Cibrán Tenreiro

O LUGAR DA MÚSICA, por Iván Villarmea Álvarez

RARA AVIS, por Eva Rivera Soler

Zoom in:

PEDRO COSTA: “UNHA DAS COUSAS QUE DESCUBRÍN É QUE ME SINTO MÁIS CÓMODO FILMANDO INTERIORES”, por Brais Romero Suárez

MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”, por Brais Romero Suárez

RICARDO BENET: “OPTAR POLA CONGRUENCIA É O ÚNICO CAMIÑO POSIBLE, O DEMAIS É SÓ MERCADO”, por Joaquín Mateo Morales

Found Footage:

AR, LUME, TERRA E AUGA. O CINEMA DE ANA VAZ, por Raquel Schefer

Contracampo:

RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’, por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea Álvarez

Circuíto:

CURTOCIRCUITO 2016: A VOLTAS COA IDENTIDADE, por Brais Romero Suárez

DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS, por Iván Villarmea Álvarez

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES, por Iván Villarmea Álvarez

DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA, por Iván Villarmea Álvarez

FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN, por Brais Romero Suárez

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA, por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea Álvarez

LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE, por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea Álvarez

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2016: CRÓNICA EXPRESS DUNHA VISITA BREVE, por Brais Romero Suárez

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS, por Brais Romero Suárez

PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL, por Iván Villarmea Álvarez

Comments are closed.