Número 36

Twin Peaks bomba

Na última tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ) as liñas entre o pasado e o futuro torcéronse abrindo novos camiños que, de seguro, marcarán o cinema que está por vir. O pasado dicta o futuro, efectivamente; mais tamén o presente ten algo que dicir ao respecto. A Cuarta Parede non é allea aos cambios que conleva o paso do tempo, polo que decidimos modificar a nosa estrutura para garantir a vitalidade deste proxecto que comezou alá polo 2011. A partir deste número, Brais Romero asume a dirección da revista mentres que os antigos co-directores Alba Cambeiro, Víctor Paz e Iván Villarmea pasan a formar parte do Consello de Redacción. Asemade, damos tamén a benvida a dous novos colaboradores: Pedro Mandías e Jesús Silva

Abrimos este número 36 desde o que poderiamos considerar o noso inicio do curso cinematográfico: o Festival de San Sebastián, do que Sergio de Benito dará conta e achegaranos filmes moi agardados coma mother! (Daren Aronofsky, 2017). Tamén viaxaremos ata ao país veciño para asistir un ano máis ao DocLisboa e pasaremos por L’Alternativa, Cineuropa, e moitas citas máis. Repetiremos, un ano máis, a nosa colaboración co festival Curtocircuíto, ao que este ano achegaranse figuras moi interesantes coma os cineastas Teddy Williams; coma convidado especial, Peter Greenaway dará o toque de excentricismo ao que o festival nos ten acostumado desde xa coñecida visita de Abel Ferrara do ano pasado.

Este número, aínda que non terá unha panorámica asociada, contará con artigos de profundidade. Así é o caso do asinado por Raquel Schefer acerca do cinema mozambicano ou a análise sobre a relación entre a arte e o cinema de Greenaway que escribe Guillermo G. Peydró.

A imaxe que nos presidirá durante este número será, retomando o tema do inicio, a bomba que Lynch plantou no noso maxín e que chega para mudar o futuro. Así que, agarrade os vosos contadores Geiger e lembrade: “430”.

 

Dirección, edición e xestión da web

Brais Romero Suárez

Deseño da cabeceira

Federico Scudeler

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Alba Cambeiro

Colaboran neste número

Sergio de Benito

Guillermo G. Peydró

Pedro Mandías Couto

Víctor Paz Morandeira

Raquel Schefer

Brais Romero Suárez

Jesús Silva Vilas

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Comments are closed.