Número 38
No 1985, Alison Bechdel publicaba en Dykes to Watch Out For o que despois sería chamado o ‘Test Bechdel’, quizais a expresión máis popular da crítica feminista dos últimos anos, sobre o que nós xa publicamos un artigo en 2014. Nesta banda deseñada enunciábanse tres simples reglas a seguir para aprobar un filme: ten que haber cando menos dúas mulleres con nome propio, que falen entre si, de algo que vaia alén dos homes. Este test, aínda que pode ser catalogado como unha metodoloxía inexacta, é unha forma sinxela e efectiva de visibilizar o grande problema do cinema: a escasa presenza de mulleres en tódolos seus ámbitos, así como a súa representación maniquea. Cómpre renovar a nosa ollada para así reaprender a entender as imaxes: cómpre ler, facer e asimilar a crítica feminista.
O número 38 de A Cuarta Parede recolle os resultados do Seminario de Crítica Feminista que organizamos na 14ª edición do Play-Doc. Contaremos, como pezas centrais deste número, cunha arqueoloxía da crítica feminista asinada por Marta Pérez Pereiro, profesora da USC, que explorará a súa evolución dende os anos setenta. Asemade, contaremos tamén cos textos, escritos e audiovisuais, que sairán do obradoiro práctico que Marga Carnicé, investigadora da Universitat Pompeu Fabra, coordinou durante este seminario. A actividade formativa de A Cuarta Parede, por certo, continúa coa I edición do Seminario de Crítica Experimental, que terá lugar entre o 26 de maio e o 2 de xuño na Mostra de Cinema Periférico (S8).
Este Número 38 acollerá tamén as crónicas de Víctor Paz Morandeira dende o sempre polémico Festival de Cannes, así como a cobertura doutros certames máis próximos, como DocumentaMadrid, onde entrevistamos á directora Laila Pakalnina con motivo da súa retrospectiva na cita madrileña. Ademais, achegarémonos a cineastas como Andrés Goteira e a súa ópera prima Dhogs, que se estrea neste mes de maio, e tamén a directoras xa consagradas, como Xisela Franco.
Todo isto nun número no replicamos o ollar a cámara das participantes da Response de femmes: Notre corps, notre sexe (1975) de Agnès Varda, que hai máis de corenta anos xa nos amosaban o camiño cara o feminismo.
Dirección, edición e xestión da web
Brais Romero Suárez
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Alba Cambeiro Cernadas
Eloy Domínguez Serén
Iván G. Ambruñeiras
Xan Gómez Viñas
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Víctor Paz Morandeira
Iván Villarmea Álvarez
Colaboran neste número
Franciso Algarín Navarro
Sergio de Benito
Sergio Barral
Marga Carnicé Mur
Éire Cid
Mónica Delgado
Alberte Pagán
Víctor Paz Morandeira
Jade Penancier
Marta Pérez Pereiro
Elena Oroz
Brais Romero Suárez
Beatriz Saiáns
Jesús Silva Vilas
Silvia Troncoso
Marta Valverde
Iván Villarmea Álvarez
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
DHOGS, de Andrés Goteira, por Brais Romero Suárez
TERRA FRANCA, de Leonor Teles, por Sergio de Benito
A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns, por Sergio de Benito
CASI 40, de David Trueba, por Sergio de Benito
Panorámica:
ARQUEOLOXÍA(S) DO SABER. A CRÍTICA FEMINISTA DESDE AS ORIXES ATA A ACTUALIDADE, por Marta Pérez Pereiro
Found Footage:
O MAPA E O TERRITORIO, por Alberte Pagán
O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL, por Mónica Delgado
Circuíto:
LAILA PAKALNINA: “NOS MEUS DOCUMENTAIS LIMÍTOME A MIRAR E SEGUIR ÁS PERSONAXES”, por Sergio de Benito
CANNES 2018 EP. 3: E AO TERCEIRO DÍA RESUCITOU… GODARD, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 4: O PEOR JIA ZHANG-KE, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 5: AS MULLERES REIVINDICAN A IGUALDADE SOBRE A ALFOMBRA VERMELLA, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 6: O SUAVE GUSTO DO SAKE I & II, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 7: A VIOLENCIA DE SPIKE LEE, LARS VON TRIER E PANOS COSMATOS, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 9: LEE CHANG-DONG ADAPTA CON SUTILEZA E XENIO A HARUKI MURAKAMI, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 10: O QUIXOTE, PROCESIÓNS, FLAMENCO, FALLAS E OLÉ, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 11: NURI BILGE CEYLAN APURA AS SÚAS OPCIÓNS PARA A PALMA DE OURO, por Víctor Paz Morandeira
CANNES 2018 EP. 12: MERECIDÍSIMA PALMA AOS SHOPLIFTERS DE KORE-EDA, por Víctor Paz Morandeira
LARA E NOA CASTRO: “UN DEBE APRENDER A APROPIARSE DO ERRO E DO AZAR E EXPLORAR QUE SE PODE OBTER DISO”, por Gonzalo E. Veloso
SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”, por Brais Romero Suárez
PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR, por Iván Villarmea Álvarez
DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA, por Sergio de Benito
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA, por Gonzalo E. Veloso
ANA ESTÉVEZ: “A ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL É NECESARIA NA FORMACIÓN DE TODAS NÓS POLA SÚA UTILIDADE PARA ANALIZAR E DAR SOLUCIÓNS”, por Sergio Barral
13ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: AIRES NOVOS, por Sergio Barral
FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I), por Sergio de Benito
FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (II), por Sergio de Benito
CURTAS 2018: PAIXÓNS ADOLESCENTES E AMORES FUGACES, por Víctor Paz Morandeira
CURTAS 2018: SINFONÍAS EXPERIMENTAIS, por Víctor Paz Morandeira
Moviola:
PROCESOS #27: ANDRÉS GOTEIRA, por Brais Romero Suárez
PROCESOS #28: XISELA FRANCO, por Brais Romero Suárez
Obradoiro:
A FASCINACIÓN DO COTIÁ, por Silvia Troncoso e Jesús Silva
GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (I), por Beatriz Saians
GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (II), por Eire Cid
GOING SOUTH: A MULLER NA ERA YOUTUBE, por Marta Valverde
STREETWISE: RECOMPOÑENDO IMAXES E XÉNERO, por Alexandra Martins
CEBE E A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE ‘DO IT YOURSELF’ EN ‘OUT OF THE BLUE’, por Jade Penancier
A POÉTICA DA MIRADA NA OBRA DE FRIEDL VOM GRÖLLER, por Marthe Rafael
MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS, por Luis E. Froiz
EXILE, de Robert Todd, por Óscar Rodríguez González
NOTAS SOBRE OS RETRATOS DE FRIEDL VOM GRÖLLER, por Javier de Favorecido Cons
O CINEMA EN PAPEL, por Regina Khanipova
DIANA TOUCEDO: “QUERÍA QUE A CÁMARA FOSE UNHA PERSONAXE MÁIS, QUE VIVISE DESDE DENTRO A HISTORIA”, por Sergio Barral