Número 39

Portada ACP setembro

Setembro é, sen lugar a dúbidas, o momento da volta ao cole. Volve a rutina laboral e volven as horas puntas e os espertadores ruxindo. Nós, que aproveitamos o verán ata o máximo, tamén estamos xa de volta na mellor das rutinas: a do cinema. É por iso que xa estamos a facer as maletas para asistir á citas ineludibles como o Festival de San Sebastián, Curtocircuíto, PortoPostDoc ou o Festival de Sevilla. Citas entre as que non estará o OUFF, festival defenestrado pola pasividade da clase política coa cultura.

Ademais, Iván Villarmea reseñará a recente publicación Marcas na paisaxe do Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela onde se dá conta do cinema en lingua galega dos últimos anos. A el sumarase a voz de Álvaro de Dios, novo colaborador na revista, que nos achegará unha profunda análise da directora escocesa Lynne Ramsay, responsable de títulos louvados nos últimos anos como You were never really here (2017).

Abrimos neste mes a nosa colaboración habitual con Curtocircuíto, festival imprescindible neste inicio de curso e que nos achega a cineastas tan diversos como Ulrich Seidl, Bertrand Mandico, Jessica Sarah Rinland ou Roberto Minervini. Unha cobertura do festival que arranca co repaso á filmografía do director italiano, e coa reseña de Safari (Ulrich Seidl, 2016) de Sergio de Benito recuperada do noso arquivo.

Setembro é tamén un mes de cambios para A Cuarta Parede, que reformula o seu consello de redacción dando a entrada a tres novas persoas: Marta Pérez, Jesús Silva e María Villamarín. Tamén neste número incorpórase o equipo de tradución, peza imprescindible e que nos últimos meses leva colaborando coa revista desde as bambalinas.

Todos os veráns chegan ao seu fin. Porén, coma Antoine Donel en Les 400 coups (François Truffaut, 1960) renunciamos a pecharnos nas aulas e intentaremos, sempre que poidamos, fuxir ao cinema.

Dirección e xestión da web

Brais Romero Suárez

Edición

Jesús Silva Vilas

Iván Villarmea Álvarez

Coordinación

Jesús Silva Vilas

Deseño da cabeceira

Federico Scudeler

Consello de redacción

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Marta Pérez Pereiro

Jesús Silva Vilas

María Villamarín

Iván Villarmea Álvarez

Tradución

Óscar Iglesias Álvarez

Colaboran neste número

Gonzalo Ballesteros

Clara Coira Suárez

Sara Donoso

Sergio de Benito

Alberto Hernando

Álvaro Pérez-Dios

Pedro Mandías Couto

Laura Montero Plata

Aldara Pagán

Víctor Paz Morandeira

Daniel Ribas

Brais Romero Suárez

Jesús Silva Vilas

Gonzalo E. Veloso

María Villamarín

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

MUDAR LA PIEL, de Ana Schulz e Cristóbal Fernández, por Gonzalo Ballesteros

EL AMOR Y LA MUERTE, de Arantxa Aguirre, por Sergio de Benito

CON EL VIENTO, de Meritxell Colell, por Gonzalo Ballesteros

ENTRE DOS AGUAS, de Isaki Lacuesta, por Alberto Hernando

TROTE, de Xacio Baño, por Brais Romero Suárez

HAMADA, de Eloy Domínguez Serén, por Brais Romero Suárez

TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro, por Aldara Pagán

OSCURO Y LUCIENTES, de Samuel Alarcón, por Sergio de Benito

SHOPLIFTERS, de Hirokazu Koreeda, por Víctor Paz Morandeira

ISLE OF DOGS, de Wes Anderson, por María Villamarín

ROMA, de Alfonso Cuarón, por Jesús Silva

THE FAVOURITE, de Yorgos Lanthimos, por Aldara Pagán

THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh, por Laura Montero Plata

LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher, por Víctor Paz Morandeira

FIRST REFORMED, de Paul Schrader, por Alberto Hernando

LE LIVRE D’IMAGE, de Jean-Luc Godard, por Daniel Ribas

버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong, por Iván Villarmea Álvarez

LA FLOR, de Mariano Llinás, por Cibrán Tenreiro

PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson, por Álvaro Pérez-Dios

TRINTA LUMES, de Diana Toucedo, por Sergio de Benito

Panorámica:

O MELLOR DE 2018, por A Cuarta Parede

Zoom in:

LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA, por Álvaro Pérez-Dios

ÁLVARO LARRIBA: “O QUE QUERÍA EN PRINCIPIO ERA ENSINAR O QUE HABÍA DETRÁS DO LICEO, QUE SON AS PERSOAS”, por Cibrán Tenreiro

Circuíto:

CURTOCIRCUÍTO 2018: ROBERTO MINERVINI, A VIDA NAS MARXES, por Jesús Silva

CURTOCIRCUITO 2018: JESSICA SARAH RINLAND: BALEAS E BALEAS, por Pedro Mandías Couto

CURTOCIRCUITO 2018: CORPOS ENTRE A FUGA E A ESPERA, por Pedro Mandías Couto

CURTOCIRCUITO 2018: ALÉN DO ESPELLO: OS RETRATOS DE ULRICH SEIDL, por Alberto Hernando

SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA, por Sergio de Benito

CURTOCIRCUITO 2018: O MAPA E O TERRITORIO, por Pedro Mandías Couto

INTERSECCION 2018: SOBRE FRONTEIRAS E DIVERSIDADES. A IMAXE AUDIOVISUAL EN GALICIA ALÉN DO CINEMA, por Sara Donoso

SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL, por Brais Romero Suárez

VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”, por Brais Romero Suárez

SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS, por Brais Romero Suárez

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018: SECCIÓN OFICIAL, por Gonzalo E. Veloso

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018: CINEMA ALÉN DA SECCIÓN OFICIAL, por Gonzalo E. Veloso

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERIN 2018, por Clara Coira Suárez

NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL, por Pedro Mandías Couto

NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS, por Pedro Mandías Couto

Comments are closed.