EQUIPA

O maior logro das mobilizacións cidadás dos últimos meses está a ser, como acertadamente sinala o noso compañeiro Iván Villarmea neste número, o de devolver o debate político á esfera pública, tanto física como conceptual, contribuíndo á ocupación do espazo mediático por discursos contestatarios e alternativos ao oficial. Coa intención de abrazar ese mesmo espírito, dedicamos a sección Panorámica a analizar, desde múltiples perspectivas, aquelas propostas audiovisuais máis estreitamente comprometidas coa defensa dos dereitos das clases obreiras e populares.

Así, presente e pasado recente dánse a man nun estudo que nos leva, a través da resistencia audiovisual, desde as loitas do movemento 15-M ou a valente experiencia da Casa das Atochas (atención á nosa sección Procesos), ata as principais propostas militantes do cinema español durante a década de 1970. É dicir, durante a agonía do nocivo franquismo e os turbulentos anos de transición democrática. Daquela mesma época tamén rescatamos no noso Found Footage a obra do cineasta italiano Francesco Rosi, o “poeta da coraxe cívica”. E preto, moito máis preto, facémonos eco das demandas máis urxentes dos nosos irmáns portugueses a través da triloxía de Fontainhas, de Pedro Costa. Todo isto acompañado de dúas retrospectivas entorno ó cinema político máis suxerinte nos ámbitos da ficción e a non ficción.

Dirección, edición e xestión da web

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Iván G. Ambruñeiras

José Manuel Sande

Horacio Muñoz Fernández

Iván Villarmea

Escriben neste número

Aurelio Castro

Paulo Cunha

Eloy Domínguez Serén

Sofía Ferrero Cárrega

Arturo Losada

Laura Menéndez

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea

Tradutores

Noemí Alonso Rodríguez

Gonzalo Corral

Rocío Fernández Portas

Ana Gil Poisa

CONTACTO:

info@acuartaparede.com

Comments are closed.