Número 40
Nos seus 40 números, A Cuarta Parede sempre se achegou ao cinema coa ollada aberta a todo tipo de novas situacións que o contexto nos brindase. Emporiso, este número 40 está ilustrado coa imaxe do capítulo (ou filme) Bandersnatch (Charlie Brooker, 2018), que forma parte do universo Black Mirror. Un filme do que Víctor Navarro Remesal dá conta neste artigo a propósito das múltiples posibilidades de análise que ofrece este novo produto do xigante Netflix. Tamén sobre a plataforma dixital escribe Aldara Pagán, que fai unha análise da cota do 30% de contidos europeos que a Comisión Europea vén de esixir aos xigantes do servizo VOD.
A estes contidos súmaselle o noso pequeno foco sobre dous cineastas que estiveron nos pasados premios Goya. Por unha banda, Clara Coira fala con Andrea Jaurrieta, nominada a mellor directora novel sobre o seu filme Ana de día (2018) que xa estivo no circuíto de festivais. Por outra parte, Alberto Hernando conversa con Isaki Lacuesta sobre Entre dos aguas (2018) o seu último filme, que lle vale unha nominación a mellor director.
Como sempre, seguimos atentos ao circuíto de festivais que comezou, hai unhas semanas en dúas citas tan importantes como Roterdam e Clermont-Ferrand. Dous festivais nos que estivemos e aos que se sumarán outros imprescindibles como a Berlinale ou, máis próximo, o Festival Punto de Vista.
E, como xa é tradición, volvemos a un dos nosos festivais favoritos cun novo seminario. O Seminario de Crítica que A Cuarta Parede organiza xunto con Play-Doc terá como centro principal os videoensaios e que contará coa presenza dun artista recoñecido a nivel mundial. Por iso, e só durante a semana do 11 ao 17 de febreiro, baixamos os prezos de matrícula para o seminario. Así que, a que agardas, deixa de ler o editorial e bule a apuntarte!!
Dirección e xestión da web
Brais Romero Suárez
Edición
Jesús Silva Vilas
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Laura Montero Plata
Víctor Paz Morandeira
Marta Pérez Pereiro
Jesús Silva Vilas
María Villamarín
Iván Villarmea Álvarez
Tradución
Óscar Iglesias Álvarez
Colaboran neste número
Diego Aparicio
Sergio Barral
Sergio de Benito
Clara Coira Suárez
Alberto Hernando
Oscar Iglesias Álvarez
Pedro Mandías Couto
Víctor Navarro Remesal
Nacho Ozores Mosquera
Aldara Pagán
Víctor Paz Morandeira
Brais Romero Suárez
Jesús Silva Vilas
Gonzalo E. Veloso
Ricardo Vieira Lisboa
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
BLUE, de Apichatpong Weerasethakul, por Víctor Paz Morandeira
WOMAN AT WAR, de Benedikt Erlingsson, por Sergio de Benito
QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba, por Sergio de Benito
DOLOR Y GLORIA, de Pedro Almodóvar, por Óscar Iglesias Álvarez
A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes, por Alberto Hernando
THE SISTERS BROTHERS, de Jacques Audiard, por Pedro Mandías Couto
BLAZE, de Ethan Hawke, por Aldara Pagán
GIMCHEOUL, de Jorge Suárez-Quiñones Rivas, por Clara Coira Suárez
MID90S, de Jonah Hill, por Clara Coira Suárez
ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet, por Jesús Silva
DIEGO MARADONA, de Asif Kapadia, por Brais Romero Suárez
NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA, de Ignacio Agüero, por Gonzalo E. Veloso
TEEN SPIRIT, de Max Minghella, por Aldara Pagán
CHUVA É CANTORIA NA ALDEIA DOS MORTOS, de João Salaviza e Renée Nader Messora, por Alberto Hernando
EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018), por Víctor Paz Morandeira
Zoom in:
ANDREA JAURRIETA: “TÓDOLOS MEUS FILMES TRATAN SOBRE A FUXIDA”, por Clara Coira Suárez
LÁSZLÓ NEMES: “O CINEMA DEBERÍA CUESTIONAR A PROPIA LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA”, por Diego Aparicio
CARLOS MARQUÉS-MARCET: “CREO QUE HAI QUE ATOPAR UN ESPAZO PARA TODO TIPO DE CINEMA”, por Jesús Silva
ALDEMAR MATÍAS: “INTENTO CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A REALIDADE XURDA MENTRES FILMO”, por Gonzalo E. Veloso
ISAKI LACUESTA: “COMO DIRECTORES METÉMONOS NA PEL DOUTRAS PERSOAS”, por Alberto Hernando
O MASH UP NO VÍDEO-ENSAIO, UNHA FERRAMENTA DE ANÁLISE SUBXECTIVA, por Ricardo Vieira Lisboa
KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”, por Brais Romero Suárez
RITA AZEVEDO GOMES: “TODO É COMPOSICIÓN”, por Alberto Hernando
MOVIMCAT: CINEFILIA E COMISARIAR O DISPOÑIBLE, por Stefano Miraglia
SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”, por Brais Romero Suárez
ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”, por Brais Romero Suárez
MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS, por Stefano Miraglia
ASIF KAPADIA: “EN MOITAS OCASIÓNS, O PÚBLICO COÑECE SÓ O FINAL: O MEU TRABALLO É INVESTIGAR A VIAXE”, por Brais Romero Suárez
Found Footage:
BANDERSNATCH: ESPECTADORES, NETFLIX FARAVOS LIBRES, por Víctor Navarro Remesal
EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”, por Aldara Pagán
BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS, por Víctor Paz Morandeira
KIDLAT TAHIMIK, MESTRE DE CINEMA, por Brais Romero Suárez
PO NO HORIZONTE, por Eloy Domínguez Serén
ALÉN DO FOTOGRAMA (I), por Alberte Pagán
ALÉN DO FOTOGRAMA (II), por Alberte Pagán
ALÉN DO FOTOGRAMA (III), por Alberte Pagán
Contracampo:
CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA, por Aldara Pagán
Circuíto:
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2), por Víctor Paz Morandeira
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2), por Víctor Paz Morandeira
IFFR 2019: O CINEMA COMO EXPERIENCIA EMOCIONAL, por Jesús Silva
BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL, por Jesús Silva
PUNTO DE VISTA 2019: DOS UNS PARA OS OUTROS, por Sergio de Benito
LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR, por Alberto Hernando
14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU, por Sergio Barral
PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’, por Iván Villarmea Álvarez
DOCUMENTAMADRID 2019: CON UÑAS E DENTES, por Sergio de Benito
“A FORMA DE TRABALLAR SEGUE ISO QUE DIN STRAUB E HUILLET: FACER A REVOLUCIÓN É VOLVER PÓR NO PRESENTE COUSAS MOI ANTIGAS PERO ESQUECIDAS”, por Víctor Paz Morandeira
Moviola:
A NATUREZA EN LOVELESS, por Nacho Ozores Mosquera
AS VOCES MARKER, por Marcos Nine
Obradoiro:
NO FUTURE, por Elena Fontoira e Xiana Rey
SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE, por Anna Lieswyn e Man Li
HOMO HOMINI LUPUS, por Carlos Iglesias Losada
ASCENSORES, por Clara Coira Suárez