EQUIPA
Dende A Cuarta Parede entendemos que o bo cinema debe manter un firme compromiso coa realidade, e por iso intentamos sempre identificar tendencias en filmes recentes, que nos axuden a entender o mundo que nos rodea. Establecemos un diálogo coas imaxes xeradas a partir do 15-M fai uns meses, e agora pensamos que é momento de reflexionar sobre o modo en que as institucións escolares e universitarias están ensinando a mirar as imaxes á cidadanía, nun contexto de difícil sostemento dun servizo público tal como o coñecemos nos estados de benestar europeos.
Ao longo de todo este mes de decembro, publicaremos un conxunto de textos, asinados principalmente por críticos e docentes, que debuxará un mapa da situación da educación no cinema e o cinema na educación, partindo do modelo do Estado español e establecendo diálogos con outros sistemas foráneos. Así mesmo, quixemos escoitar a profesores que desenvolvan iniciativas innovadoras que contribúan á alfabetización audiovisual nas aulas. Todos eles falarán da experiencia acumulada nestes proxectos, nun intento de buscar novas vías para educar a través das imaxes. Para rematar, varios artigos recuperarán múltiples filmes que nos axuden a entender cómo se ten retratado a institución escolar no cine.
Por suposto, a revista non perde de vista a actualidade cinematográfica, centrándose neste número no que se puido ver no recente festival de Xixón, que contou este ano cunha coidadísima programación. Entrevistas a Matías Piñeiro e Bertrand Tavernier, que pasaron recentemente por Galicia, completan a sección Contracampo, centrada no ámbito da exhibición de cine de autor no noso país.
Só nos queda desexarvos unhas boas festas e recordarvos que volveremos lernos en xaneiro, cun repaso ao mellor cine de 2011. Grazas por estar aí.
Dirección, edición e xestión da web
Eloy Domínguez Serén
Víctor Paz Morandeira
Deseño da cabeceira
Paulino Vilasoa Boo
Consello de redacción
Iván G. Ambruñeiras
José Manuel Sande
Horacio Muñoz Fernández
Iván Villarmea
Escriben neste número
Jorge Corral
Oriol Diez
Eloy Domínguez Serén
Pablo González Taboada
José Manuel López
Horacio Muñoz Fernández
Víctor Paz Morandeira
Julio C. Piñeiro
José Manuel Sande
Sergio Morera
Gonzalo Suárez
Iván Villarmea
Tradutores
Noemí Alonso Rodríguez
Gonzalo Corral
Rocío Fernández Portas
Ana Gil Poisa
CONTACTO:
info@acuartaparede.com