Número 47

Premios María Luz Morales 2022

© Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía... Ler máis

Número 46

Premio Sellier

Toca facer balance do 2021, o ano no que celebramos o décimo aniversario de A Cuarta Parede. A situación actual (ese eufemismo chamado “nova normalidade”) obrigou a limitar os festexos e actividades previstas, mais permitiunos pechar o ano cun broche de ouro incomparable: a comezos deste mes, a revista foi galardoada co Premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual.... Ler máis

Número 45

10 Aniversario A Cuarta Parede Editorial

O día 4 de febreiro de 2011, na cidade da Coruña, presentábase oficialmente A Cuarta Parede, a primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego. Un proxecto que nacía coa vocación clara de abrir un espazo para a reflexión cinematográfica na nosa lingua, prestando especial interese a ese cinema que moitas veces se atopa nas marxes. O obxectivo da revista nunca... Ler máis

Número 44

Fotografía: María Meseguer Sumidos aínda na vertixe deste ano atípico, que pouco a pouco vai chegando ao seu fin, os meses de verán e outono supuxeron unha ventá a unha certa “normalidade”, que nos permitiu retomar unha das nosas actividades favoritas: asistir a festivais de cinema. Foi un ano para poñer en valor a importancia destes espazos nos que compartir e crear... Ler máis

Número 43

Onde estabas durante o confinamento? Por moitos filmes que visemos sobre un futuro distópico onde unha pandemia asolagaba o planeta, non estabamos preparados para ficar confinados nos nosos fogares. Pasamos por todos os estadíos: do ridículo acopio de papel hixiénico, á febre de facer pan na casa, á nova realidade coas caras tapadas con mascarillas. A imaxe que preside este... Ler máis

Número 42

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que... Ler máis

Número 41

A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia,... Ler máis

Número 40

Nos seus 40 números, A Cuarta Parede sempre se achegou ao cinema coa ollada aberta a todo tipo de novas situacións que o contexto nos brindase. Emporiso, este número 40 está ilustrado coa imaxe do capítulo (ou filme) Bandersnatch (Charlie Brooker, 2018), que forma parte do universo Black Mirror. Un filme do que Víctor Navarro Remesal dá conta neste artigo a propósito das... Ler máis

Número 39

Setembro é, sen lugar a dúbidas, o momento da volta ao cole. Volve a rutina laboral e volven as horas puntas e os espertadores ruxindo. Nós, que aproveitamos o verán ata o máximo, tamén estamos xa de volta na mellor das rutinas: a do cinema. É por iso que xa estamos a facer as maletas para asistir á citas ineludibles como o Festival de San Sebastián, Curtocircuíto, PortoPostDoc... Ler máis

Número 38

No 1985, Alison Bechdel publicaba en Dykes to Watch Out For o que despois sería chamado o ‘Test Bechdel’, quizais a expresión máis popular da crítica feminista dos últimos anos, sobre o que nós xa publicamos un artigo en 2014. Nesta banda deseñada enunciábanse tres simples reglas a seguir para aprobar un filme: ten que haber cando menos dúas mulleres con nome propio,... Ler máis