Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?

Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a... Ler máis
Cannes 2023 (IV): os mundos de Yupi

Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki Cando falamos de Le fabuleux destin d’Amélie Poulain (Jean-Pierre Jeunet, 2001), habitualmente critícaselle o feito de que a historia ten lugar nunha burbulla, un mundo fantástico que non é o París real, no que todos son brancos, non hai problemas sociais e todo é magnífico. É unha análise non compartida por moitos outros críticos,... Ler máis
Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade

Cerrar los ojos, de Víctor Erice Mediados dos anos corenta, unha mansión no medio dun bosque, Triste-le-Roi, nas aforas de París. Un home corpulento, un tal Franch, cunha gabardina que lle dá aires de detective (José Coronado), é recibido por un servinte chinés e conducido a falar cun vello e moribundo sefardí, o sr. Lévy (Josep Maria Pou). Este encárgalle ao primeiro,... Ler máis
Cannes 2023 (I): eterno Godard

Cada vez que sae un filme de Jean-Luc Godard, isto convértese nun acontecemento na comunidade cinéfila. Se esta é unha fita póstuma e se presenta en Cannes, o asunto adquire dimensións colosais. Así foi o noso bautismo onte nesta cita festivaleira. A sala Debussy, espazo dedicado ás propostas máis autorais e a preferida do certame para JLG en vida, repleta para ver unha... Ler máis
Play-Doc 2023: Competición Internacional

Al amparo del cielo, de Diego Acosta O Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, abriu un ano máis as súas portas para amosarnos a profundidade humana; dende a perspectiva fragmentada da acción do traballo, ata o punto de vista dos sentimentos adolescentes. Do día 26 de abril ao 1 de xuño, a 19ª edición do festival achegounos novamente as miradas documentais coa súa... Ler máis
Punto de Vista 2023: Notas para un mundo novo

El polvo ya no nubla nuestros ojos, de Colectivo Silencio “Se acercan otros tiempos”. Con este título presentábase a publicación escrita sobre o cine do alemán Peter Nestler, un dos principais homenaxeados nesta edición de Punto de Vista, como acompañamento da súa retrospectiva no marco do festival pamplonés. A cita non só foi apropiadamente elixida por Fernando Vílchez,... Ler máis
18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

Porte de Clichy, de Sébastien Marziniak Un ano máis, acompañamos ao Museo do Pobo Galego na celebración da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), cuxa décimo oitava edición transcorreu en Santiago de Compostela entre o 15 e o 21 de marzo de 2023. Como acostuma facer na súa vontade de expandir a experiencia dos asistentes, a mostra ofreceu este ano unha sección... Ler máis
Festival de Málaga 2023: Unha celebración do loito e da perda

Diógenes, de Leonardo Barbuy A edición número vinte e seis do Festival de Málaga encheu as rúas da cidade andaluza de carteis, público e personalidades do audiovisual español entre os días 10 e 19 de marzo. Coma cada ano, o festival contou cun gran número de películas divididas en diferentes seccións que compoñían unha oferta para todos os gustos, e que fan deste festival... Ler máis
18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias

Destello Bravío, de Ainhoa Rodríguez *Un ano máis, en colaboración coa MICE – Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, A Cuarta Parede convida á coordinadora da sección Impropias a compartir o proceso de selección das obras que compoñen este programa. Nesta edición, a firma convidada é a cineasta Ainhoa Rodríguez. O labor era vincular a miña ópera prima, Destello... Ler máis
Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos

in water, de Hong Sang-soo Concluímos as nosas crónicas dende Berlín coa volta de dous autores de primeira, João Canijo e Hong Sang-soo. O portugués presentou o seu díptico Mal Viver (2023) e Viver Mal (2023), unha serie de retratos adaptados de August Strindberg que xiran en torno ás relacións de varios burgueses nun sofisticado hotel en decadencia. Outro sueco, Ingmar... Ler máis