FOUND FOOTAGE MAGAZINE E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN PACK DE REVISTAS

Found Footage Magazine e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores un pack cos dous últimos números da senlleira publicación cinéfila. O pack, xa dispoñible a través da súa web, inclúe os números #4 e #5, con contidos como un especial sobre o cinema de Peter Tscherkassky, textos asinados por críticos do talle de Jonathan Rosenbaum, Malcolm Le Grice ou Stephen Broomer, ou ilustracións de artistas como Michael Fleming, María Cañas ou Guy Maddin.

Participar neste concurso é moi doado. Tan só tedes que seguir a A Cuarta Parede (en Facebook ou en Twitter) e a Found Footage Magazine (en Facebook ou en Instagram) e enviarnos un correo á dirección info@acuartaparede.com co filme que consideres que será o máis votado polos colaboradores da revista como o mellor do 2019. E como decidiremos quen é o gañador? Moi sinxelo: o primeiro mail que chegue co título do filme escollido como o mellor do 2019, será o gañador. No correo electrónico teredes que poñer no asunto “Sorteo FFM” e , e no corpo do texto, ademais do título, incluír o voso nome completo e o vosos usuarios na redes sociais na que sigades a A Cuarta Parede e a Found Footage Magazine. Tedes ata o 15 de decembro de tempo para enviar as vosas propostas. O listado dos mellores filmes de 2019, publicarase nos días posteriores ao peche do sorteo.

«Found Footage Magazine é unha revista impresa de estudos cinematográficos consagrada á reutilización de imaxes e sons nas prácticas audiovisuais contemporáneas. Ofrece contidos teóricos, analíticos e divulgativos sobre o cine de metraxe atopada en todas as súas afinidades: cine collage, cine reciclado, ensaio audiovisual, cinema de apropiación e cinema de compilación, entre outras prácticas periféricas. FFM eríxese así nun foro de discusión para o pensamiento crítico, o estudio e a diseminación de aquelas manifestacións que parten da reutilización de imaxes e sons preexistentes como estratexia metodolóxica dirixida á composición dun novo discurso audiovisual.» Found Footage Magazine

Deixa o teu comentario