GOING SOUTH: A MULLER NA ERA YOUTUBE

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018

Dominic Gagnon logra con Going South (2018) que reflexionemos sobre a construción cultural do ser humano. A través dun extenso traballo de investigación das profundidades de Youtube presenta un universo a modo de puzzle no que teñen cabida todo tipo de formas de pensar. Gagnon sácanos da nosa zona de confort para amosarnos realidades que parecen ficcionadas e pon o punto de atención en nós como colectivo pero tamén como individuos, porque, realmente somos tan diferentes das persoas que vemos na pantalla?

Este videoensaio céntrase concretamente no papel que desenvolve a muller neste entramado de internet como recordatorio de que, aínda que ás veces non o pareza, tenemos aínda moito camiño por percorrer.

Comments are closed.