LOOP 2015: NOVO XIRO CINEMÁTICO DA VIDEOARTE CONTEMPORÁNEA

No ámbito dodeo coñécese como loop” ao efecto producido cando diriximos a cámara cara un monitor ao que facemos entrar o sinal desa mesma cámara: vén a ser como poñer un espello fronte a outro para ver o infinito. Algo semellante sucede co audio, cando achegamos un micrófono a uns altavoces que amplifican o son captado por ese mesmo micrófono. Xa no proceso de edición, un loopé unha secuencia de audio oudeo reproducida repetidamente en bucle con tal de facilitar o traballo de montaxe, ou ben xerar un determinado efecto estético. Trátase en todo caso de lanzar un sinal nun circuito pechado para que rebote infinitamente.

Loop Barcelona é en palabras dos organizadores o primeiro festival do mundo consagrado especificamente á videoarte, disciplina que adquere cada vez máis centralidade dentro da arte contemporánea. Cunha inxente magnitude de recursos e patrocinios, xirando sobre si propia ano tras ano, esta vitrina mundial da videoarte deixa o seu pouso en numerosos espazos da cidade. Xurdido como unha feira de videoarte celebrada por vez primeira en 2003, o evento contou xa na súa segunda edición cun festival que pretende facer chegar propostas inspiradoras e experimentais ao gran público. Máis recientemente, toma ademais a forma de encontro de especialistas que ofrecen coñecementos e formación neste campo. Xorde así unha comunidade erradicada en Barcelona que gradualmente se erixe en plataforma independente consagrada a promover a videoarte, unha rede internacional que periodicamente reúne artistas, galeristas, museólogos, coleccionistas, teóricos, críticos, xornalistas, estudantes, audiencia… para impulsar ao longo do ano en diferentes lugares do mundo eventos puntuais, exposicións itinerantes, ciclos de conferencias, etc.

Loop 2015 propón como principais eixos temáticos o coleccionismo da videoarte e a cuestión do son alén da imaxe. Durante tres días consecutivos, corenta e cinco habitacións dun céntrico hotel de Barcelona acollen un total de máis de doce horas de metraxe: é así como, dende unha perspectiva innovadora en canto a modos de presentación da imaxe en movemento, a medio camiño entre a feira de arte e a sala de proxeccións, a Loop Fair busca fomentar o descubrimento, promoción e adquisición de obras, en grande parte inéditas. Neses mesmos días, xorde tamén o espazo de investigación e desenvolvemento, teorización e pensamento, consagrado ao estado da cuestión e intercambio de coñecementos entorno á videoarte: na presente edición, especificamente centrada no coleccionismo comprometido, un seguido de expertos recoñecidos estiveron a cargo de múltiples discusións, paneis, obradoiros, reunións profesionais, etc. Xa na periferia do evento, cunha proposta concentrada en dez días e decenas de espazos, hospedada polos principales museos e centros de arte de Barcelona, como por outros de carácter máis heteroxéneo ou alternativo, o Loop Festival conta cun extenso programa de xestación colaborativa que comprende instalacións, proxeccións, percorridos e intervencións na cidade.

No corazón do certame 2015, o premio adquisición ao mellor traballo exposto recaeu en “The Story of Milk and Honey(Basma Alsharif, 2011, 945’’), un relato hipertextual de amor individual e colectivo, a medio camiño entre o bano e Palestina, forxado con materiais propios e atopados, con títulos en linguas e disposicións diversas, de marcado acento etnólogo e musicólogo. O premio Feria Loop á mellor proposta de galería foi para “China Town” (Chien-Chi Chang, 1992-2011, 1923’’), un emotivo proxecto veintenario que xoga coa dobre pantalla para plasmar a distancia que separa os inmigrantes dese barrio neoyorquino dos seus familiares chineses, servíndose tanto da dialéctica entre fotografías e un sobrio tratamento sonoro, como de imaxes en movemento etulos.

Comments are closed.