NO FUTURE

Durante a década dos anos 70, houbo unha serie de acontecementos en todo o mundo detonantes dun pensamento e comportamento común nos xoves do mundo, afectando ás súas crenzas, ás súas costumes, incluso á moda e á súa estética. O Bloody Sunday, a Guerra de Vietnam e a crise do petróleo crearon un clima de crispación entre a xuventude, que comezou a adoptar o lema “No future”. A chegada do Punk representou unha vía de escape para esta parte da sociedade, fomentando a autoxestión, rompendo a barreira elitista entre artistas e espectadores e renegando do virtuosismo: non era necesario ter estudos musicais para crear un grupo de música, polo que lanzarse aos escenarios estaba ao alcance de case todos.

Neste vídeo recollimos algúns deses sucesos históricos máis importantes que xeraron ese descontento común, ese desasosiego e frustración dos xoves da época. As escenas que vemos pertencen tanto a películas de ficción, como a imaxes de arquivo sacadas de documentais, e incluso imaxes de concertos en directo que tiveron lugar.

Comments are closed.