Número 46

Premio Sellier

Toca facer balance do 2021, o ano no que celebramos o décimo aniversario de A Cuarta Parede. A situación actual (ese eufemismo chamado “nova normalidade”) obrigou a limitar os festexos e actividades previstas, mais permitiunos pechar o ano cun broche de ouro incomparable: a comezos deste mes, a revista foi galardoada co Premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual. Esta homenaxe, destinada a iniciativas innovadoras no eido audiovisual, recoñeceu este ano a traxectoria da primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica. Un fito que non sería posible sen o traballo e compromiso de todas as persoas que colaboraron co proxecto ao longo destes dez anos. A todas elas, grazas.

Con este novo número damos por finalizada unha etapa moi importante para esta cabeceira, que nos serviu para reflexionar sobre o noso pasado, afianzar o noso presente e afrontar o futuro con renovada convicción. Neste sentido, aproveitamos para recuperar unha vella tradición da revista, dedicando este número a facer un repaso do mellor do último ano. Unha vez máis, abandonamos as clásicas listas para permitir que as nosas colaboradoras recompilen libremente todo aquilo que fixo que 2021 pagase a pena. “Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai vida alén do cinema”.

Do mesmo xeito, encaramos o 2022 con optimismo, dispostos a seguir enchendo as páxinas da revista coas nosas inquedanzas e experiencias arredor do cinema. Neste número poderedes ler algunhas crónicas de festivais como o recente Novos Cinemas ou a MICE, críticas dos mellores filmes que cheguen ás salas, textos de análise e entrevistas aos cineastas máis fascinantes da actualidade. E así seguiremos, mentres queirades acompañarnos.

 

Dirección

Jesús Silva Vilas

Edición e xestión da web

Brais Romero

Jesús Silva Vilas

Deseño da cabeceira

Federico Scudeler

Consello de redacción

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Marta Pérez Pereiro

Brais Romero

María Villamarín

Iván Villarmea Álvarez

Colaboran neste número

Pablo Aguilar Martín

Sergio de Benito

Ester García

Miguel Gómez Abad

Alberto Hernando

Óscar Iglesias Álvarez

Óscar López Iglesias

Víctor Navarro Remesal

Nacho Ozores

Aldara Pagán

Víctor Paz

Jorge Pérez Iglesias

Marta Pérez Pereiro

Daniel Ribas

Ricardo Román

Brais Romero

Cibrán Tenreiro

Jesús Silva

Antón Varela

María Villamarín

Iván Villarmea

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Pantallas:

Flee, de Jonas Poher Rasmussen

Un pequeño mundo, de Laura Wandel

El acontecimiento, de Audrey Diwan

A virxe roxa, de Marcos Nine

París, Distrito 13, de Jacques Audiard

Alcarràs, de Carla Simón

Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado

Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

Panorámica:

O mellor de 2021

Zoom in:

Os universos sonoros de Star Wars

Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”

Margarita Ledo: “Construínme a base de negacións”

Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”

Found footage:

Danny Lyon: Retratista do desarraigo

Circuíto:

Novos Cinemas 2021: Latexos

Novos Cinemas 2021: Sección Oficial

17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias

Punto de Vista 2022: Sección Oficial

17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

Las Palmas 2022: O limbo e a familia

Obradoiro:

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

Comments are closed.